O ⚡️LP3⚡️ foi un proceso de mentorización e seguimento de bandas, como Anecoid, que fixemos no Local de música de Pontevedra.
Parte dun compromiso de artistas que xa tiveran algo de traxectoria e traballo feito para mellorar en aspectos máis avanzados que o lp1 e lp2. De modo consensuado traballamos no que máis precisase a banda para que poidan dar un “acelerón” nas súas carreiras artísticas.
Management, comunicación, marketing, son de banda, gravación, home studio, monetización… Feito a través de reunións online e dos contidos da aula virtual do local, Anecoid e os demais grupos gravaron unha canción nas instalacións do Local de música.
Podes escoitar a canción ao ⬇️⬇️ FINAL DA PÁXINA ⬇️⬇️ nos artigos do BLOG do Local.
🔴 Anecoid é creado en 2019 por por Lois, BuZz, Angel y Michu; amantes do Metal e Thrash dos 90. Letras en castelán, potentes riffs, ritmos contundentes e alaridos son os ingredientes fundamentais do seu cóctel. Metal sen etiquetas. Pura tralla.
En 2020 uniuse Charly como novo guitarrista e están preparando novas cancións para volver a tocar en directo.
SOUNDCLOUD
INSTAGRAM
FACEBOOK
TWITTER
Os LP’s son un itinerario formativo que levamos facendo no Local desde hai case 10 anos. Un sistema que abarca as principais áreas de coñecemento que debe manexar unha persoa que pretenda camiñar pola senda da industria musical actual.
Dividímolo en 2 niveis: LP1 e LP2
-LP1 é unha “posta a punto” en temas básicos para comezar no local de música.
-LP2 faise antes dos concertos de verán e trata de “adestrar” aos grupos para saír a tocar aos escenarios.
Agora engadimos outro nivel, LP3.