Volve Cabos Soltos con xornadas técnicas e concerto de Ortiga

Cabos Soltos volve con unhas xornadas técnicas desenvolvidas os días 19, 20 e 21 no Pazo da Cultura e analizará a situación do sector cultural tras a pandemia con especial incidencia na contorna dixital. Tamén estará Ortiga, cun concerto piloto de cara a revitalizar a cultura ao vivo que terá lugar o domingo 23 de […]

A escena musical de Pontevedra mobilízase no certame X XELA

O 17 de maio ás 19h na praza da Ferraría terá lugar o evento poético-musical no que se anunciará a banda gañadora do certame X Xela, onde o Local fomos xurado. As tres bandas finalistas, Tíbet 1990, Nacho Mora e Río Verdugo, intercalarán as súas actuacións cun recital a cargo das poetas Tamara Andrés, Miriam […]

O Concello de Ames interésase polo Local de música

As persoas representantes do Concello de Ames, David Santomil (tenente de alcalde), Escarlata Pampín (concelleira de Xuventude) e Pilar Villaverde (técnica de Xuventude) visitaron o concello de Pontevedra para coñecer as políticas de Xuventude, e en especial o proxecto do Local de música. No marco do encontro de traballo co concello de Pontevedra, tamén visitaron […]

Xa podes visitar a exposición transmedia #CantámolaEnGalego

#CantámolaEnGalego, a exposición transmedia que celebra a revolución musical 🎶🎵 no século XXI en Galicia. Catorce paneis, listaxes en Spotify e YouTube, e unha unidade didáctica permiten coñecer toda a variedade de estilos 🥁🎷🎺🎸🎻, formacións e solistas que compoñen o panorama musical en galego a día de hoxe. Estará exposta na 📍 praza de Ourense durante o mes de maio e a partires […]

Mentoría musical para 8 proxectos de mulleres entre 16 e 26 anos

Mañá 20 de abril remata o prazo da I mentoría musical de Descúbreas, onde 8 proxectos de mulleres entre 16 e 26 anos da provincia de Pontevedra farán un proceso de traballo, formación e gravación para impulsar as súas carreiras. O que che recomendamos é que vaias directamente á páxina de Descúbreas para ver toda […]

Pontevedra homenaxea a Xela Arias co certame musical “X XELA”

A Concellaría de Normalización Lingüística convida a bandas pontevedresas a musicar poemas de Xela Arias para participar no concurso, que repartirá preto de 2.000 euros en premios. Poderán participar bandas e músicos e músicas de calquera estilo musical e os temas deberán enviarse antes do 7 de maio. ⬇️Tes as bases ao final da páxina […]

Aberta a inscrición para o certame Ben Veñas Maio 2021

Aberto o prazo de presentación para o certame Ben Veñas Maio 2021 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Se formas parte do alumnado de Pontevedra e compós cancións, rapeas, tocas algún instrumento, cantas, fas vídeos, escribes ou fas fotos non dubides en presentar o teu traballo. Categorías:🔺Videoclip🔺Curtametraxe🔺Fotografía🔺Banda deseñada🔺Narración curta🔺Poesía Tes de prazo […]

Arranca o LP3 con 6 bandas que traballarán arreo durante máis de 3 meses

Estas son as bandas que participan desta primera edición do LP3 , un proxecto de mentorización para bandas de Pontevedra enfocado á súa profesionalización. Dabelaii Javier Waterproof Liberad al Kraken Jacobo Sainz Particle AnecoiD Nun principio estaba pensado para só 4 bandas, pero tras un par de sesións coas bandas decidimos entre todas ampliar a […]

Inscríbete no LP3, mentorización para 4 bandas (TOP) de Pontevedra

Es unha banda (TOP) de Pontevedra pero non sabes que che falta para “petalo”? Notas que o teu proxecto está estancado e precisas un empurrón? Pois no LP3 axúdamosche de forma individualizada indo ao foco do problema da banda, para que teñas ferramentas para dar un paso adiante na túa carreira. Mentres que no LP1 […]

AH SHIT, HERE WE GO AGAIN 🙆 Pechamos as instalacións FÍSICAS

Pechamos (SÓ) as instalacións FÍSICAS, pero seguimos de forma online, debido ás novas restriccións pola covid-19. Debido ás novas restriccións e medidas publicadas no DOG de onte, as instalacións físicas do Local de música quedan pechadas até novo aviso. Aínda así, #OLOCALNONPARA, seguimos funcionando en liña e nos próximos días anunciaremos novos proxectos e actividades […]

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio