Bala e a súa tralla, terceira banda semifinalista do IEOMGDHDP

Bala son a terceira banda semifinalista do 🏆IEOMGDHDP🏆 e imos a contarvos un pouco da súa traxectoria.

Despois de falar dos 4 grupos semifinalistas faremos as votacións para ver quen pasa á final.

As 4 reportaxes sobre os grupos son a cargo de Jaime Tomé, que se ofreceu a facelas, investigar, recadar información, cancións, fotos e a redactar as biografías e traxectorias. Moitas grazas Jaime Tomé pola túa colaboración. Xa falamos sobre Os fervellasverzas e Vörtex, nos próximos días falaremos sobre Malkeda. Hoxe Bala, terceira banda semifinalista.

BALA:

BALA é un dúo musical galego formado no verán de 2014 entre A Coruña e Pontevedra por Anxela Baltar (voz e guitarra) e Violeta Mosquera (batería e voz). O grupo tivo as súas orixes baixo o nome de Calixta, con Meri á batería antes da entrada de Violeta, aínda que pouco despois cambiaron de nome ao actual. Dende que comezaron, apenas respiraron. En 2014 dan unha veintena de concertos e tocan na gala dos premios Martín Códax. Xa en 2015 tocan máis de 50 veces, e participan en festivais como o Nordestazo Rock 2015, o WOSINC, o She’s The Fest…

A finais de 2015 sacan o seu primeiro disco”Human Flesh” (Matapadre 2015). Curto e directo cun son reminiscencia do grunge dos 90 con claras influencias tamén do hardcore punk e stoner.

Disco gravado nun só día cun proceso de gravación moi sinxelo. Primeiro gravaron en directo a batería e unha liña de guitarra, e despois Anxela engade outras dúas liñas de guitarra para partes específicas.

O disco superou todas as expectativas e Bala converteuse nunha das bandas revelación do ano. Conseguen colarse de forma habitual nos medios e sair nas listas de mellor disco do ano. Rockdelux, Mondosonoro, Hipersónica, Binaural, La Voz de Galicia,…

A partir de aquí seguen tocando en numerosos concertos e comezan a saír de xira por UK, pero no 2017 terminan de despuntar. Lanzan o seu segundo disco “Lume”, gravado en Barcelona. Diferente ao primeiro, “Lume” é moito máis intenso e experimentando con castelán, galego e inglés.

En 2017 e 2018 conseguen os enormes éxitos de lograr mostrarse no Monkey Week de Sevilla e xirar por Xapón, Australia, EE.UU, Colombia… Tamén actuaron nos principais festivais da península como o Resurrection Fest, O Son do Camiño, Download Festival…

https://www.instagram.com/p/B8O-dpeKZvl/

Gañadoras do Premio Martín Códax 2019 na categoría “rock”, Bala é unha das bandas máis activas do panorama nacional. Con previsión de sacar o seu terceiro disco neste 2020 e volver a percorrer o mundo coa súa música.

One thought on “Bala e a súa tralla, terceira banda semifinalista do IEOMGDHDP

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.