As alumnas do ciclo superior de produción audiovisual achégannos a información deste concurso de bandas, o BATEASON.
As bandas deben presentar dúas cancións orixinais propias antes do 13 de decembro en www.bateason.com
As bases son:
Que é o BATEASON?
Os alumnos do IES Audiovisual de Vigo presentamos o concurso “BateaSon”. O certame ten por obxectivo dar a coñecer a novas bandas e será celebrado nas instalacións do propio centro. Nesta edición, as bandas para concursar deberán tocar dúas cancións orixinais, sen límite de tempo.
O festival pretende dar visibilidade a novas bandas galegas e difundir o traballo destes novos creadores mediante diferentes vías. Asimesmo, teñen a posibilidade de promocionar as súas cancións e darse a coñecer.
Quen pode participar?
O certame está dirixido a agrupacións musicais de dous ou máis membros.
Admitirase calquer estilo musical mentres os participantes respeten:
– Terán que inscribirse en www.bateason.com na cal deberán enviar unlistado de necesidades técnicas.
– Terán que ser maiores de 18 anos.
– Ademais da folla de inscrición completa con todos os datos que sesolicitan é necesario adxuntar fotocopia do DNI de cada un doscompoñentes do grupo.
– Deberán enviarse ao correo contacto@bateason.com
– O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de decembro de 2021.
En que consiste o concurso?
Cada grupo terá que interpretar dúas cancións orixinais, que non conteñan linguaxe ofensivo, letras racistas ou homófobas e que a autoría sexa do propio grupo. Valorarase a calidade da interpretación e a posta en escena por un xurado formado por profesionais do sector.
Cales son os premios?
Os concursantes que se presenten optarán aos seguintes premios:
– Unha actuación na sala “La Fábrica de Chocolate”.
– Gravación dunha maqueta no estudio Planta Sónica.
Quen pode participar?
O prazo de inscrición finaliza o 13 de decembro de 2021.
O proceso de inscrición realizaráse a través do formulario que será publicado na páxina oficial do concurso ou enviando os seguintes datos a dirección electrónica: contacto@bateason.com
– Nome do grupo
– Xénero musical
– Localidade
– Nome e apelidos dos integrantes e instrumento que interpretan
– Data de nacemento e número de DNI dos participantes
– Título dos tema propios
– Datos de contacto (teléfono e correo electrónico do portavoz)
Ademais deberán enviar gravacións dos temas (cancións orixinais) nun dos seguintes formatos: mp3, mp4, wma, aiff ou wav.
Data de celebración
O certame realizarase o Xoves 20 de Xaneiro de 2022.
Será no teatro do I.E.S Audiovisual de Vigo (EAV), C/ Eduardo Cabello s/n,Vigo (Bouzas).
Xurado
Unha vez finalizadas as actuacións, e tras un periodo de deliberación, un xurado profesional procederá a elección dos gañadores.
Este xurado estará formado por un mínimo de tres e un máximo de cinco membros.
Todos os membros do xurado procederán do eido profesional da música.
Concesión e entrega do premio
O gañador coñecerase trala deliberación do xurado profesional e a entregados premios realizarase ao finalizar o certame. O resultado publicarase na web e nas redes sociais.
Réxime de responsabilidade
– A organización, resérvase o dereito de declarar deserto algún dos premios en caso de que os temas nos acaden a calidade desexada.
– A organización do festival, poderá revocar calquera dos premios en caso de detectar algunha irregularidade coma linguaxe despectivo ou ofensivo.
– O feito de presentar a inscrición no concurso implica a aceptación das bases na súa totalidade.
– O prazo de inscrición finalizará o 13 de decembro de 2021.
– O concurso está organizado polo Ies Audiovisual de Vigo, quen terá pleno dereito sobre a imaxe e son tomados na fase do concurso.
– Teranse en conta as limitacións técnicas de cada grupo.
Exclusión dos participantes
A organización do certame resérvase o dereito a excluir aos grupos que non se axusten ás bases do concurso, que non entreguen toda a documentación ou que presenten datos falsos e/ou erróneos.