As artistas e/ou bandas participantes no certame musical do Ben Veñas Maio 2022 poderán realizar a gravación para inscribirse de forma gratuita no Local de música.
Quen o precise pode solicitalo contactanto co Local ou enviando email a localdemusica@gmail.com
O prazo de admisión de traballos remata o martes 26 de abril de 2022.
BASES XERAIS
1. Poderá participar o alumnado matriculado nos institutos públicos do concello de Pontevedra.
2. Cada participante poderá presentar cantas obras queira, se ben en cada categoría non se concederá máis dun premio á mesma persoa.
3. O alumnado participante non fará figurar o seu noma nas obras, agás no certame de curtametraxes e mais no de vídeos de Tik Tok e reels de lnstagram. O traballo proposto entregarase nun arquivo nomeado co pseuclónimo do autor ou autora e no mesmo correo electrónico xuntarase, noutro arquivo distinto, os datos persoais que corresponden ao devandito pseudónimo: noma, idade, enderezo postal e electrónico, teléfono, noma nas radas sociais, curso, instituto no que estuda e categoría na que participa.
O alumnado que resulte premiado deberá achegar copia do DNI e certificación do número da conta bancaria na que estea autorizado.
4. Os traballos deberán ser enviados por correo electrónico ao enderezo bvm@pontevedra.gal
5. O prazo de admisión de traballos remata o martes 26 de abril de 2022.
6. O xurado que cualificará os traballos será designado pola Comisión Organizadora e só a el corresponde a interpretación das bases. O seu veredicto será inapelable.
7. Todas as obras presentadas podarán ser reproducidas, expostas ou editadas.
8. O anuncio do veredicto do xurado e a entrega de premios realizaranse nunha gala na que se integrará a final do Certame Musical Ben Veñas, Maio, o sábado 7 de maio de 2022 no Pazo da Cultura.
9. Ademais dos premios establecidos, o xurado poderá outorgar cantos accésits considere oportunos. Os accésits consistirán nun lote de libros.
10. Se nalgunha categoría as obras non acadasen o nivel mínimo esixible, o xurado poderá declarar deserto un ou todos os premios contemplados nestas bases. As dotacións económicas dos premios desertos podarán ser empregadas para premiar obras de calquera outra categoría.
BASES ESPECÍFICAS
I CERTAME DE VIDEOS DE TIKTOK E REELS DE INSTAGRAM
Podaran participar estudantes maiores de 15 anos con videos publicados en Tik Tok e mais con reels de lnstagram compartidos.
Os vídeos serán orixinais e de temática libre. A duración non podará superar os 3 minutos. O idioma empregado será a lingua galega. Os vídeos que se presenten ao concurso deberán incluir o cancelo #benveñasmaio22.
Ademais do previsto nas bases xerais 3 e 4, as persoas participantes deberán incluír no correo a bvmOpontevedra.gal unha ligazón pública do/s vídeo/s que presentan a este certame.
XXI CERTAME MUSICAL BEN VEÑAS, MAIO
Podaran participar todos os grupos muslcals e/ou solistas, sempre que todos os seus compoñentes estean matriculados/as nalgún instituto público de Pontevedra. Ningunha persoa poderá participar en máis dun grupo.
Cada grupo ou solista interpretará dúas pezas orixinais, en calquera estilo musical, de xeito que as súas letras se axusten ás condici6ns segulntes: o texto da prlmeira peza será de autoría propia; o texto da segunda peza será dun autor ou dunha autora con obra en galego. En ambos os casos, os textos deben ser en galego.
Para a inscrición, cada grupo ou solista deberá presentar por correo electrónico a bvm@pontevedra.gal o seguinte: a ficha cos datos dos membros do grupo consonte a base xeral 3, a letra das dúas cancións e a ligazón ou arquivo onde escoitar a maqueta das cancións presentadas a concurso. As bandas interesadas en realizar a gravación de maquetas no Local de Música, poden solicitar a colaboración do persoal do Local poi’iéndose en contacto con certa antelación no enderezo localdemusica@gmail.com
A coordnadora dos ENDL nomeará un xurado que decidirá os grupos e/ou solistas clasiicados para actuar na final e comunicarallo antes do 29 de abril. As inscricións seleccionadas actuaran na gala de entrega de premios do sábado 7 de maio no Pazo da Cultura; ás 19 horas. Durante toda a actuación empregarase unicamente a lingua galega.
O anuncio do veredicto do xurado e a entrega dos premios realizaranse ao remate do propio certame.
VI CERTAME DE CURTAMETRAXES BEN VEÑAS, MAIO
As curtametraxes serán orixinais e inéditas e de temática libre. O idioma empregado será a lingua galega.
Especificacións técnicas e de formato: a duración do vídeo non podará sobrepasar os 5 minutos. O formato será horizontal en .MP4, .M4V, .MPG, .WMV, .FLV, .AVI ou .MOV. Calidade mínima requirlda: HD 720p.
Os dereltos de autoría, licenzas de uso e participantes deberán aparecer nos títulos finais de crédito. Ao remate dos títulos de crédito deberan incluirse os legos do Concello de Pontevedra e do Ben Veñas, Maio, que podarán descargarse no sitio web snl.pontevedra.gal.
As persoas participantes cornpartiran os arquivos co enderezo bvm@pontevedra.gal
XXI CERTAME DE FOTOGRAFÍA BEN VEÑAS, MAIO
As fotografías deberán recoller algunha imaxe que represente o uso anómalo ou curioso da lingua galega en rótulos, pancartas, faixas publicitarias, pintadas, indicadores…
Cada fotografía achegarase cun comentario en galego que xustifique o rnerese da imaxe obtida, así como o lugar e a data de obtención.
A técnica fotográfica e o tamaño serán libres.
As persoas participantes enviarán os traballos en formato PDF ao enderezo bvm@pontevedra.gal
XXIX CERTAME DE BANDA DESEÑADA BEN VEÑAS, MAIO
As obras serán orlxinais e inéditas. O tema será libre e os textos serán en lingua galega. A extensión será de dúas páxinas como mínimo e de seis como máximo. Podará utilizarse calquera técnica. O formato será DIN-A4 ou ampliación ou redución proporcional.
As persoas participantes enviarán os traballos en formato PDF ao enderezo bvm@pontevedra.gal
Establécense dúas categorías:
• Categoría A ata 14anos inclusive
• Categoña B: a partir de 15 anos
XXIX CERTAME DE NARRACION CURTA BEN VEÑAS, MAIO
O tema das narracións será libre. As obras deberán estar escritas en lingua galega e ser absolutamente orixinais e inéditas; terán unha extensión mínima de dous folios e máxima de catro, mecanografadas a dobre espazo e con letra Times New Reman do tamaño 12.
As persoas participantes enviarán os traballos en formato PDF ao enderezo bvm@pontevedra.gal
Establécense dúas categorías:
• Categoría A ata 14anos inclusive
• Categoña B: a partir de 15 anos
XXI CERTAME DE POESÍA BEN VEÑAS, MAIO
Os poemas serán de tema libre e terán unha extensión máxima de trinta versos. As obras serán orixlnais e lnélitas, escritas en lingua galega e mecanografadas a dobre espazo con letra Times New Rornan do tamaño 12.
As persoas participantes enviarán os traballos en formato PDF ao enderezo bvm@pontevedra.gal
Establécense dúas categorías:
• Categoría A ata 14anos inclusive
• Categoña B: a partir de 15 anos
PREMIOS
Certames de vídeos de Tlk Tok e reels de lnstagram, fotografía, banda deseñada, narración curta e poesía
• Primeiro premio: 150 e, lote de libros e diploma
• Segundo premio: 100 e, lote de libros e diploma
Certame musical:
• Primeiro premio: 450 e e diploma
• Segundo premio: 300 € e diploma
• Tercelro premlo: 150€ e diploma
ORGANIZA:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
COORDINADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DOS IES E CIFP DE PONTEVEDRA
Ben Veñas Maio regresa un ano máis engadindo unha nova modalidade centrada na creatividade e a lingua a través das redes.
O I Certame de vídeos de Tik Tok e Reels de Instagram compartirá cartel co resto de modalidades: musical, curtametraxes, fotografía, poesía, banda deseñada e narración curta
Centos de alumnos e alumnas dos IES e CIFP da cidade participarán nas diferentes disciplinas dunha das citas máis lonxevas e coñecidas da Boa Vila
Rematado maio e ás portas de abril, a presentación do Ben Veñas Maio é case unha tradición na cidade de Pontevedra, logo de case 30 anos de historia. Vinte e nove anos cumpre nesta edición o certame multidisciplinar coordinado polo equipo de normalización e dinamización da lingua galega dos IES e CIFP de Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra.
A clásica cita retorna un ano máis, mais faino con certo aire de renovación. A maiores das modalidades habituais, aparece este ano o I Certame de vídeos de Tik Tok e Reels de Instagram, un novo formato que garda relación co auxe das redes sociais, a creación propia e a autonomía dixital. Os participantes nesta nova modalidade deberán crear pezas orixinais e en lingua galega, de temática libre; co obxectivo de tentar crear o mellor contido posíbel e, con algo de sorte e traballo, lograr un dos dous premios nesta categoría.
Coma sempre, tamén estará presente o Certame Musical Ben Veñas Maio, amais dos certames de Curtametraxes, de Fotografía, de Banda Deseñada, de Narración Curta e de Poesía. As bases de cada unha das modalidades poden ser consultadas a través da páxina oficial do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
«Chega a primavera e coa primavera chega o Ben Veñas Maio. Un conxunto de certames que nin a pandemia logrou paralizar, e que desta volta regresa con aínda máis forza se cabe», explica o concelleiro de Normalización, Alberto Oubiña. «Son xa 29 edicións que atopan o seu comezo como unha iniciativa dos propios centros pero que desde o ano 2000 o Concello tamén colabora de xeito activo na súa organización, botando unha man en todo o posíbel e sumando novas modalidades e certames».
«Ademais do novo certame de Tik Tok e Reels, cómpre prensar no Ben Veñas Maio como unha entidade maleábel, na que probar cousas, ver como funcionan, e no caso positivo, seguir apostando por elas. É unha cita que o permite», comenta o edil. «Contaremos, ademais, con apoios externos para a realización de obradoiros nos centros, coma Nós Televisión, para que lle boten unha man á rapazada cos vídeos; tamén contaremos con Paula Andrés para a fotografía e con Kiko Dasilva, un luxo, xunto con Zaida Novoa, mestres ambos os dous no Garaxe Hermético, a escola pontevedresa de banda deseñada. Queremos que a xente participe, que a rapazada teña unha base coa que poder facer as súas propostas e da maior calidade posíbel».
Outra das novidades deste ano é a recuperación presencial do certame musical, logo de non ser posíbel a súa celebración por mor da pandemia e as medidas sanitarias aplicadas. Nese sentido, o Local de Música fará tamén de base de operacións e de promotora para animar a rapazada a tocar e preparar o concurso. Seguindo coas recuperacións, tamén se retomará a gala de premios, que será o sábado 7 de maio no Pazo da Cultura, coincidindo coa final do certame musical e serán lidas e olladas algunhas das propostas deste 2022. «Queremos que sexa unha gala na que volver atoparnos, a escasos dez días do 17 de maio, Día das Letras Galegas; sempre coa disposición de fomentar o uso da lingua e de poñela en valor; para nós como Concello e fundamental poder colaborar nesta cita e ter un ano máis Ben Veñas Maio».
Aida Pazos Quintillán, coordinadora este 2022 do certame, indicou que «O Ben Veñas Maio contacta cos adolescentes dos centros públicos da cidade, tendo como prioridade a lingua galega, alén de calquera competición. O alumnado desenvolven as súas habilidades artísticas e creativas, pero sempre a través do galego».
«Debo dicir que é un evento agardado, que conta sempre cunha participación moi grande e que agora recuperaremos a gala e o concurso musical. Sempre é unha gala de xuventude, pero que queda aberta a todo o mundo», explicou a profesora.