Xa estás dentro, se chegaches até aquí é porque tes inquedanzas creativas, artísticas ou musicais; así que…
BENVIDA ao Local de música, a escena creativa de Pontevedra.

Ben, seguro que tes moitísimas dúbidas ou preguntas así que imos intentar solucionalas ou derivarte a partes web onde xa temos cousas explicadas.
O primeiro que debes saber é que todo o que facemos no Local de música é completamente GRATUITO. E iso por que?
Pois porque o Local formamos parte do Concello de Pontevedra, e somos un servizo público dependente da Concellaría de Xuventude. Somos un centro sociocultural público adicado á música para xente moza.

Se eres de Pontevedra e tes entre 16 e 30 anos podes usar o Local para o que necesites, e se tes algunha proposta de uso ou necesidade, podes comentalo e intentamos facelo realidade. Desde ensaios de bandas ou artistas, coros, batallas de galos… a gravacións de proxectos audiovisuais, streams, podcast, programas de radio, presentación de discos ou o que se che ocorra facer.
O uso principal do Local é a reserva periódica (2h fixas semanais) ou reservas puntuais (sempre que queiras e haxa ocos libres) de unha sala de ensaio. Nesa sala tanto podes montar unha banda de calquera estilo, como podes estudar un instrumento, podes gravar tiktoks, podes bailar… os usos son infinitos.

Pois o dito, #VenAoLocal e non agardes máis.
Podes facer a inscrición en LOCALDEMUSICA.GAL
Na mesma web, na parte dereita tes un chat co BOT do Local, que te guiará nas dúbidas que teñas co funcionamento.

Tamén dicirche que estamos en todas as redes sociais, unha parte moi importante da comunidade é esta parte dixital.
➡️➡️➡️➡️➡️➡️➡️ Únete ao noso servidor de DISCORD ⬅️⬅️⬅️⬅️⬅️⬅️⬅️

Pegamos por aquí tamén os mínimos das NORMAS do Local
ALTA NO SERVIZO
Para a participación das actividades e usos do Local é preciso inscribirse en localdemusica.gal.
Podes inscribirte no Local como usuaria ou como administradora dun grupo. Os requisitos para formar un grupo no Local son:
• Xente de 16 a 30 anos, ou bandas onde a media de idade nos supere os 35 anos.
• A persoa administradora do grupo ten que estar empadroada, con permiso de estudante ou con permiso de residencia no Concello de Pontevedra.
A administradora do grupo debe aportar o documento de padrón, documento de estudos ou permiso de residencia. Isto dálle dereito a:
• Crear un grupo
• Solicitar reserva periódica ou puntual
As usuarias do Local só teñen que facer a inscrición e encher o seu perfil web. Poden formar parte dun grupo e participar das actividades do Local aínda que non sexan de Pontevedra.
MENORES DE IDADE
Para facer uso do Local, as persoas menores de idade precisarán da autorización dos seus pais/nais ou titores legais.
En ningún caso o Local será responsable dos actos dos menores de idade nin do seu coidado, sendo esta responsabilidade dos seus pais ou titores legais, agás que se dispoña o contrario para a realización dalgunha actividade concreta.
2 thoughts on “Benvida ao Local de música de Pontevedra”