Volven os míticos Bolos do Local co Son da Serea e Serán de Tralla

Volven os míticos Bolos do Local, volve o Son da Serea e o Serán de Tralla.
O programa formativo musical e de acompañamento de bandas para preparar concerto en directo volve en 2022 despois do parón obrigado pola crise sanitaria.

Pero imos ao grano, que hai aquí para ti? Pois unha formación en dous niveis.
Serán de Tralla –> Iniciación
Son da Serea —> Medio/Avanzado

Inscrición aberta até o 17 de xuño ás 23:59h (Link e formulario de inscrición máis abaixo)

  • O Serán de Tralla é unha formación e asesoramento para 8 bandas que están comezando e que aínda non tocaron moitas veces en directo. Poñemos a andar o teu proxecto e terás que demostralo en DIRECTO no concerto final do Serán de Tralla, que será o xoves 14 de xullo no Local de música.

    Disporás de 2 sesións individuais co equipo do Local entre o 28 de xuño e o 13 de xullo para traballar todo o necesario para que a túa banda funcione.
  • O Son da Serea é unha mentorización e formación para 8 bandas máis avanzadas. Potenciamos o proxecto e axudámoste na profesionalización da banda, e terás que demostralo no concerto final do Son da Serea, o martes 26 de xullo na Praza de Curros Enríquez de Pontevedra.

    Terá que asistir obrigatoriamente alguén do grupo ás formacións presenciais do lunes 4 e martes 5 de xullo no Local de música, de 18h-21h (aprox). E a maiores terás unha sesión individual de 2h entre o 6 e o 22 de xullo para traballar o son e ecualización para o directo.

    As 8 bandas que participan do Son da Serea terán ademais unha beca de 250€ para mercar materiais que melloren o proxecto artístico.

Inscrición aberta até o 17 de xuño ás 23:59h (Tes todo os criterios dos Bolos do Local neste pdf e debaixo o formulario, lee todo ben antes de inscribirte)

One thought on “Volven os míticos Bolos do Local co Son da Serea e Serán de Tralla

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.