Volve Cabos Soltos con xornadas técnicas e concerto de Ortiga

Cabos Soltos volve con unhas xornadas técnicas desenvolvidas os días 19, 20 e 21 no Pazo da Cultura e analizará a situación do sector cultural tras a pandemia con especial incidencia na contorna dixital.

Tamén estará Ortiga, cun concerto piloto de cara a revitalizar a cultura ao vivo que terá lugar o domingo 23 de maio ás 13h na praza da Ferraría.

A programación coa que volve Cabos Soltos a Pontevedra trátase dunha xornada técnica, dirixida especialmente ao sector da cultura ao vivo e un concerto piloto. Ao longo do ano se irán implementando máis actividades coa mirada posta en dar un balón de osíxeno a todo o sector creativo e cultural, entendido tamén como un sector económico que necesita seguir traballando.

As xornadas están concibidas como un foro de debate, un foro de diálogo e un foro para compartir boas prácticas con xente que leva traballando na cultura de base durante moito tempo e que se enfronta a un desafío novo tras a pandemia. Para participar nestas xornadas é preciso inscribirse a través do formulario dispoñible na páxina web cabossoltos.pontevedra.gal

O Local de música estaremos presentes cun obradoiro sobre como optimizar ferramentas dixitais na autoxestión na industria musical, que se fará o mércores 19 ás 16h no Pazo da Cultura –> https://cabossoltos.pontevedra.gal/mercores-19-16h/

Cabos Soltos é unha iniciativa da concelleira de Promoción da Cidade de Pontevedra, Anabel Gulías; e as xornadas foron producidas por Patricia Hermida da empresa Dotbeat.

Pensouse en “Volve Cabos Soltos con xornadas técnicas e concerto de Ortiga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio