Programación especial de Cabos Soltos as vindeiras fins de semana

Cabos Soltos continúa naturalizando a música na cidade cunha programación especial para as vindeiras fins de semana.


O Concello de Pontevedra promove varios concertos ao longo dunha serie de xornadas musicais ás que se suman as propostas individuais dos locais adscritos ao programa municipal.

Generación Perdida, Guateque Big Band, Rusty James & Fringe, Los Tonidust e La Mosca Valente levarán as súas propostas musicais a diferentes puntos e locais da Boa Vila


Cabos Soltos continúa funcionando en Pontevedra como un dos programas municipais máis activos no eido cultural e de ocio. Un sistema de programación mediante o cal poden ser celebrados concertos, monólogos, mostras e outras citas de relevancia cultural dentro dos establecementos pontevedreses, na procura dunha rede de actividade dinámica e activa da que gozar ao longo de todo o ano e todos os días.
Nesta ocasión, o Concello de Pontevedra promove directamente varios concertos ao longo das próximas fins de semana que están por chegar, xerando un programa de seu que é complementado cos concertos que outros establecementos xa tiñan axendados e que en conxunto prometen dar unhas xornadas de ocio diverso e diferente.

A relación de datas e concertos é a seguinte:

• Venres 1/04/22
LA POMADA – 21:30h – GENERACIÓN PERDIDA

• Domingo 3/04/22
O MERCADO – 13:00h – GUATEQUE BIG BAND

• Sábado 9/04/22
PRAZA CELSO GARCÍA DE LA RIEGA – 13:00h – RUSTY JAMES & FRINGE
O PAVERO – 17:00h – LOS TONIDUST
CHESTER – 20:30h – LA MOSCA VALIENTE


Alén destas citas e actuacións, promovidas de xeito directo polo Concello, cómpre engadir as propostas que de xeito habitual son programadas polos establecementos da cidade e que poden ser consultadas na páxina oficial de Cabos Soltos xunto co seu calendario, punto de encontro referente para coñecer as actividades deste programa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.