Xa podes visitar a exposición transmedia #CantámolaEnGalego

#CantámolaEnGalego, a exposición transmedia que celebra a revolución musical 🎶🎵 no século XXI en Galicia.

Catorce paneis, listaxes en Spotify e YouTube, e unha unidade didáctica permiten coñecer toda a variedade de estilos 🥁🎷🎺🎸🎻, formacións e solistas que compoñen o panorama musical en galego a día de hoxe. Estará exposta na 📍 praza de Ourense durante o mes de maio e a partires de setembro adoptará formato itinerante para achegarse a centros de ensino, centros sociais e mesmo a outros concellos.

Está comisariada polo crítico musical Pepe Cunha (@abretedeorellas) e pola xornalista pontevedresa Teresa Cuíñas (@terecuinas), e conta coa colaboración da escritora e filóloga @rosaliafernandezrial na autoría da unidade didáctica.

Queremos agradecer públicamente as palabras da xornalista Teresa Cuíñas sobre O Local 🤗:
“ese milagre chamado o Local de Música”, que cualificou como “un laboratorio de formación, ensaio, gravación, socialización e práctica e, ademais, eu teño para min que o local de música está chamado a escribir a historia da música nesta cidade e neste país”.

Visitade a exposición presencial en Pontevedra, escoitade as playlist de Spotify e YouTube, e podedes descargar o dossier cos paneis e a unidade didáctica aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.