Mocidade, temos que falar, nace “Con_versa” no Local

Con_versa é unha quedada de xente moza no Local de música onde se tratarán algúns dos temas que afectan á xeración z. Non é nin un debate nin un congreso, é unha con_versa. O venres 4 de xuño, a partir das 18h, en directo desde diferentes canles do Local de música.

Con_versa nace no eido das prácticas laborais de Clara Redondo, alumna do Curso de experto en Xestión Cultural da USC, onde xunto co resto da equipa do Local se detecta a necesidade de dar voz a algúns dos problemas cos que se atopa a xeración z. Esta quedada será presencial e de acceso privado, pero serán retransmitidas as conversas en diferentes canles do Local ao mesmo tempo, para que poidades navegar pola que máis vos interese.

Deste modo a con_versa comezará ás 18h con tres canles e temas diferentes:
18h – En Instagram – “Corpos en RRSS” con @____naiara, @bold_g, @____99toy, @tonicacas e @clararedondo1
18h – En Youtube – “Relacións e xéneros” con @iarnaldhu, @neeumatiko, @serapo05, @nico_elsker, @para_bellum_24
18 – En Twitch – “Saúde mental” con @laaurafeerreira, @robertocasalof, @pablo_ni_10 e @marcosrodmon

E ás 20h en Twitch conversa aberta sobre Cultura con @gustavoreyabalo, @pablocorbillon, @marcosrodmon, @clararedondo1 e máis

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.