Un ano máis ponse en marcha o concurso musical do Correlingua: o Cantalingua! Con este proxecto queren axudar aos grupos que deciden usar o galego a amosar todo o seu potencial ante un público moi esixente: o alumnado dos centros de ensino galegos. Por iso, e porque consideran que é preciso normalizar o uso da nosa lingua en calquera ámbito das nosas vidas, animan a todos os grupos de música a participar. A festa do galego nos centros escolares celebrarase en Outono promovendo o uso da lingua e sen deixar de aplicar os protocolos sanitarios |
A máis movida das festas do galego reinicia a súa actividade coa convocatoria dos seus concursos, comezando por Cantalingua. As bandas galegas poderán inscribirse nesta convocatoria que ten como premio unha remuneración de 1.000 euros por cada actuación nos centros escolares que participan do Correlingua. No concurso poden participar bandas e solistas en lingua galega de calquera estilo musical. As cancións deben ser orixinais, e cantadas integramente en galego. Terá especial valoración que a canción sexa especialmente creada para esta actividade. A canción deberá presentarse en formato MP3, xunto cunha presentación da banda ou solista e unha fotografía. Hai que indicar un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Todos estes datos pódense enviar ao correo correlingua@gmail.com antes do remate do 31 de maio de 2021. As cancións participantes serán publicadas na web de Correlingua e difundidas nas redes sociais para que sexan coñecidas polo maior número posible de persoas. Os gañadores coñeceranse no mes de xullo de 2021. Os concertos terán lugar entre o 18 de outubro e o 30 de novembro. |
As bases desta convocatoria pódese consultar e descargar desde aquí: Bases Correlingua (Busca na parte dereita o apartado do Cantalingua) |

www.correlingua.gal
Facebook, Instagram: Correlingua
Avenida de Lugo 2A, entresollado A15702- Santiago de Compostela tlf: 698180557