Pechamos (SÓ) as instalacións FÍSICAS, pero seguimos de forma online, debido ás novas restriccións pola covid-19.
Debido ás novas restriccións e medidas publicadas no DOG de onte, as instalacións físicas do Local de música quedan pechadas até novo aviso. Aínda así, #OLOCALNONPARA, seguimos funcionando en liña e nos próximos días anunciaremos novos proxectos e actividades para todas.
O Local de música demostrou ser un lugar completamente seguro, no que non se produciu ningún caso de contaxio nas instalacións en toda a pandemia, grazas ás estrictas medidas de protección e á gran responsabilidade da mocidade pontevedresa.
Igual que fixemos no primeiro confinamento lanzaremos un plan de actividades online para que poidades avanzar nos vosos proxectos, e para recibir axuda, consello, asesoramento, formación, para gravarvos na casa, entretemento, diversión… e para que participedes moito!
Se tes algunha suxestión, proposta ou comentario non dubides en escribirnos.