XXIII CONCURSO CUAC FM DE BANDAS E SOLISTAS

Desde Cuac FM achégannos a info do seu concurso de bandas e solistas, para que as usuarias do Local vos apuntedes.

Bases do XXIII Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM

A emisora ​​comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, convoca a XXIII edición do seu Certame para bandas e solistas de diversos estilos musicais. O obxectivo principal é promover a cultura musical e dar a coñecer proxectos que non teñen unha longa traxectoria, con especial atención ás bandas galegas e coruñesas, aínda que o concurso está aberto á participación de artistas de todo o estado español.

Poden participar GRUPOS OU SOLISTAS que NON editaran máis de 15 cancións da súa propia composición independentemente do formato no que se fixeron. 

O prazo para enviar o rexistro e as cancións é o xoves 30 de setembro de 2021 ás 23:59 horas.

O XXIII Concurso de CUAC FM de Bandas e Solistas rexerase polas seguintes BASES:

Bases XXIII Concurso de Bandas e solistas CUAC FM 2021 (GALEGO)

Bases XXIII Concurso de Bandas y solistas CUAC FM 2021  (ESPAÑOL)

INSCRICIÓN: 

Para inscribirvos, cumprimentade o seguinte FORMULARIO

Para resolver dúbidas podes escribir un correo electrónico a concursobandas@cuacfm.org

ORGANIZA: 





COLABORAN: 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio