O ⚡️LP3 ⚡️ foi un proceso de mentorización e seguimento de bandas, como Dabelaii, que fixemos no Local de música de Pontevedra.
Parte dun compromiso de artistas que xa tiveran algo de traxectoria e traballo feito para mellorar en aspectos máis avanzados que o lp1 e lp2. De modo consensuado traballamos no que máis precisase a banda para que poidan dar un “acelerón” nas súas carreiras artísticas.
Management, comunicación, marketing, son de banda, gravación, home studio, monetización… Feito a través de reunións online e dos contidos da aula virtual do local, Dabelaii e os demais grupos gravaron unha canción nas instalacións do Local de música.
Podes escoitar a canción ao ⬇️⬇️ FINAL DA PÁXINA ⬇️⬇️ nos artigos do BLOG do Local.
🔺Hoxe é a quenda de DABELAII 🔺
“Dabelaii é o nome artístico de Iván Iglesias Ferreira, un mozo músico pontevedrés cun soño moi claro, vivir da súa música. A súa traxectoria musical comeza coa formación do seu primeiro grupo All Less One, onde comezou como guitarrista solista e terminou como cantante debido á separación de varios compoñentes do grupo e así descubriu que cantar era o que máis lle enchía. Varios anos despois e pasando por algunhas colaboracións con outros músicos como Queco Lago, decide deixar All Less One e comezar a súa carreira en solitario, en xaneiro de 2018 para ser máis exactos, onde empezou a compoñer temas defendibles en directo só cunha voz, unha guitarra e en ocasións un pedal loop. As súas maiores influencias musicais pasan pola orixinalidade de System of a Down ata a dozura de Vetusta Morla pero sen dúbida o seu artista máis influente é Matt Bellamy, líder de Muse, do cal lle impresionou as súas melodías vocais agudas e o uso de efectos na guitarra. Na actualidade está a empezar a dar os seus primeiros concertos en solitario.”
O instagram de DABELAII
Os LP’s son un itinerario formativo que levamos facendo no Local desde hai case 10 anos. Un sistema que abarca as principais áreas de coñecemento que debe manexar unha persoa que pretenda camiñar pola senda da industria musical actual.
Dividímolo en 2 niveis: LP1 e LP2
-LP1 é unha “posta a punto” en temas básicos para comezar no local de música.
-LP2 faise antes dos concertos de verán e trata de “adestrar” aos grupos para saír a tocar aos escenarios.
Agora engadimos outro nivel, LP3.