Máis que deberes, estos concertos son obrigatorios de ver 🧐

O Local adáptamonos á situación de confinamento lanzando propostas e actividades de forma “online”. Como inicio dun movemento colaborativo, propoñemos de deberes, concertos históricos “imprescindibles”. Concertos míticos para ver, escoitar e aprender.

🎥BLACK SABBATH 🎥

Black Sabbath son un grupo que marcou a historia do rock e heavy metal. Este concerto é un dos que recomendamos de deberes.

🎥DAFT PUNK 🎥

Daft Punk son un dúo francés de música electrónica. Posiblemente son o grupo máis influente e representativo do seu estilo.

🎥 DAVID BOWIE 🎥

⚡️David Bowie⚡️ Precisa pouca explicación. Concerto e artista imprescindible.

🎥 BRUCE SPRINGSTEEN 🎥

Bruce Springsteen é un dos artistas máis importantes da historia do rock and roll. Brais Fernández recomendounos de deberes este concerto de 2001 en New York.

🎥 PINK FLOYD 🎥

Pink Floyd son… non coñeces a Pink Floyd?… Anda, pasa a ver o vídeo…

🎥 NINE INCH NAILS 🎥

“Nine Inch Nails” son un dos grupos pioneiros do rock industrial contemporáneo. Este concerto de Woodstock de 1994 hai que velo.

🎥 JOHN MAYER 🎥

John Mayer e a súa guitarra é todo o que precisas para hoxe.

🎥 BIG FOUR 🎥

Megadeth, Metallica, Slayer e Anthrax son considerados o BIG FOUR do thrash metal. Este documental sobre eles é un obrigatorio de ver para estos días, escoites a música que escoites.

🎥 JIMI HENDRIX 🎥

Jimi Hendrix é un dos artistas máis influentes da historia, e está considerado como o mellor guitarrista de todos os tempos. Este concerto e dos mellores por calidade do vídeo e son.

🎥 MADONNA 🎥

Madonna é unha das artistas pop máis importantes da historia. Ten moitísimas xiras e concertos para ver, pero escollemos este da xira de 1985 para os nosos deberes.

🎥 ARETHA FRANKLIN 🎥

Aretha Franlin é a raíña do soul. Obrigadísimo aprender de ela. Este concerto de 1964 na televisión é unha xoia.

🎥 JANIS JOPLIN 🎥

Janis Joplin foi unha das artistas rock/blues máis importantes da historia. Pese a formar parte do “clube dos 27” deixou un importante legado musical. Este concerto é dos de mellor calidade.

🎥 WHITNEY HOUSTON 🎥

Whitney Houston é un das voces máis portentosas da historia. Blues, Soul, R&B, Gospel… Seguro que todas lembrades a famosa “I will always love you”.

🎥 AMY WINEHOUSE 🎥

Amy Winehouse. Outra voz impresionante dentro do soul, jazz e blues. Por desgraza tamén pertence ao “clube dos 27”, pero deixounos un gran legado musical.

Iremos engadindo máis deberes, ou podes propoñer ti algún artista.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio