Escola en liña que che amosará os (sufridos) camiños do artista

Escola en liña do Local. Un proxecto de formación online para que a mocidade usuaria poida aproveitar o tempo e mellorar o seu proxecto musical.

Xa anunciamos fai uns días as novidades que incorporamos no Local por mor da covid-19 e o peche das instalacións tras decretarse o estado de alarma.

Unha delas é a ESCOLA EN LIÑA, unha plataforma online de formación relacionada con temas musicais para mellorar o teu proxecto. Autogravación, son, ecualización, como facer un home studio.

Pouco ao pouco iremos ampliando os contidos e os cursos. Falaremos de máis conceptos sobre son, sobre produción de eventos, produción de música electrónica, como conseguir bolos, como facer que un grupo funcione, comunicación, marketing musical, innovación, creatividade…

O proceso é moi sinxelo, clica na foto e dalle a “crear conta”. Podes vincular con facebook, google o crear co email que queiras.

En 15 segundos xa estás lista para ver o cursos que temos agora mesmo abertos e comezar a facer os cursos.

A escola en liña conta cun foro onde podes comentar dúbidas ou cuestións para que sexan respondidas por nós ou pola comunidade musical pontevedresa.

Pensouse en “Escola en liña que che amosará os (sufridos) camiños do artista

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio