“Falso Directo” é a proposta alternativa dixital aos “Bolos do Local”, que xa eran un clásico da programación cultural de verán na cidade. Este ano a acción formativa terá unha parte audiovisual (ademais da musical)
En resumo “Falso Directo” son; 10 grupos, 10 gravacións, 10 concertos online. Faremos as gravacións de micro-concertos dentro do Local de música, onde aproveitaremos para ensinar o proceso de gravación de audio e vídeo.
⬇️⬇️ Formulario de inscrición ao final da páxina ⬇️⬇️
Aquí deixamos as bases de inscrición, ⬇️⬇️ FORMULARIO DE INSCRICIÓN AO FINAL DA PÁXINA ⬇️⬇️
FALSO DIRECTO 2020
1-INTRODUCIÓN
O Local de Música, pertencente ao Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra, promoven “Falso Directo 2020” para apoiar á escena musical emerxente da cidade. Busca poñer en valor a creación musical de base organizando unha serie de accións formativas e gravacións de actuacións en directo.
Os obxectivos principais son:
- Ofertar unha proposta formativa integral para axudar aos grupos de Pontevedra a estruturar un proceso de traballo e de mellora sobre o proxecto artístico.
- Presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente da cidade.
- Ofrecer aos grupos noveis oportunidades para estar en contacto co mundo profesional, darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística.
2-EN QUE CONSISTE
“Falso Directo” unha serie de accións formativas orientadas á mocidade que desenvolve actividades musicais en Pontevedra.
Os 10 grupos seleccionados participarán nun proceso formativo e de mentorización, adaptado ao mundo dixital e a nova normalidade.
Poderán apuntarse ao proceso unha ou varias persoas compoñentes dos grupos para as formacións.
As accións formativas dividiranse en:
- Formacións: Faremos unha sesión inicial grupal online, onde repasaremos os cambios producidos pola COVID-19. Despois segundo o nivel de cada banda seguiremos un itinerario formativo, adaptándonos ás súas necesidades e preferencias.
- Escola en liña do Local: Dispoñemos dunha nova plataforma de formación en liña, con cursos para a comunidade musical, onde se impartirán os itinerarios.
- Asesoramento: Os grupos disporán de asesoramento online para as dúbidas que lle xurdan das formacións. Abrirase dúas sesións online grupais, onde os grupos poden preguntar as dúbidas que xurdan das formacións.
- Mentorización: Cada grupo disporá de unha sesión online de 2h onde tratar de forma individualizada a problemática propia de cada grupo.
- Gravacións de directos: Faremos as gravacións de micro-concertos dentro do Local de música, onde aproveitaremos para ensinar o proceso de gravación de audio e vídeo.
Materiais didácticos:
- Os 10 grupos seleccionados para disporán dun saldo de 250 euros para a compra de elementos que melloren a súa proposta artística.
- Acordarase coa organización a utilización destes fondos.
- Para recibir o saldo é condición indispensable gravar o vídeo da actuación en directo nas datas sinaladas.
3-PARTICIPACIÓN.
Poderán participar todas aquelas bandas ou solistas con compoñentes con idades superiores aos 16 anos sempre que polo menos un compoñente do grupo estea empadroada/o no Concello de Pontevedra.
As persoas compoñentes dos grupos menores de idade afirmarán ter o consentimento de pais/nais ou titores no momento de inscribirse. En caso de resultar seleccionadas/os solicitaráselles unha autorización formal, firmada e por escrito.
Debido ás medidas de seguridade derivadas da COVID-19 o número máximo de persoas integrantes do grupo é de 5. De ser máis persoas non poderían gravar todas a actuación en directo dentro das instalacións do Local.
A matrícula da formación será totalmente GRATUÍTA.
4-DATAS e FASES.
- Pre-Inscrición. Até o 12 de xullo de 2020 ás 23:59h.
- Selección: 13 de xullo de 2020.
- Confirmación de bandas e calendarios: 13 de xullo 2020.
- Formacións, asesorías e mentorías: 13 a 31 de xullo.
- Gravacións das actuacións: 20, 21 e 22 de xullo (No Local de música)
- Emisión dos vídeos: Do 27 ao 31 de xullo.
5-INSCRICIÓN
As inscricións poderán facerse unicamente desde o formulario que está ao final da páxina.
A data límite para a recollida de inscricións será o 12 de xullo de 2020 ás 23:59h.
6-DATOS PARA A PRE-INSCRICIÓN
O formulario solicitará os datos principais do grupo e dos seus compoñentes.
Como información chave para preselección do xurado, haberá que presentar:
- Descrición breve do grupo e traxectoria, traballos,…
- Como información complementaria deberán poñerse ligazóns de interese: Audios, vídeos, redes sociais, web,…
A organización poderá subir e compartir a información dos grupos apuntados ou outra que considere de interese nos seus espazos de difusión web (facebook, blog…)
7-SELECCIÓN
O local de Música exercerá de oficina técnica do proxecto e valorará a información enviada polos grupos. A organización comprobará que as bandas inscritas cumpran os criterios das bases. Aquelas que non teñan a información solicitada non serán admitidas. A preselección consistirá nunha revisión do material solicitado de cada un dos grupos presentados.
Terase en conta
- A calidade técnica e musical.
- A profesionalidade e consistencia do proxecto musical.
- A traxectoria e accións de promoción do grupo.
- Daremos prioridade a bandas que non teñan participado xa en edicións anteriores.
No caso de empate, teranse en conta os seguintes criterios:
- Somos galegas e galegos. O noso idioma é, unha vez máis, a chave coa que abrir moitas portas. O uso do galego será un factor moi importante.
- Cremos nun mundo feminista, no que mulleres e homes somos iguais. Por iso, que as formacións estean compostas por persoas de ambos os dous sexos será tamén outro dos factores a ter en conta.
A organización colgará información sobre os grupos seleccionados nos seus espazos de difusión web.AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións así como a súa suspensión debido á situación sanitaria actual.
⬇️⬇️ FORMULARIO DE INSCRICIÓN XUSTO DEBAIXO ⬇️⬇️
Podes facelo aquí ou desde a ligazón: https://forms.gle/pXsEF8KvYBfonukt5
One thought on “Chega “Falso Directo”, unha acción formativa cun saldo de 250€ por grupo”