“Malkeda” é escollida por vós como “Mellor banda da historia de Pontevedra”

Malkeda” conseguen o triunfo no xogo de votacións “IEOMGDHDP”, Imos Escoller O Mellor Grupo Da Historia De Pontevedra, impoñéndose a “Os Fervellasverzas” na final.

Cun reconto de 660 votos para Malkeda, por diante dos 327 acadados por Os Fervellasverzas, conseguen así ser escollidos como mellor banda da historia da cidade.

O IEOMGDHDP é un xogo que naceu no convivio do Local celebrado en xaneiro. Entre as persoas alí presentes fíxose un listado de bandas “míticas” da cidade e das máis recentes que poderían optar a este recoñecemento.

A parte das bandas que saíron de ese listado, o Local fixemos un traballo de investigación de bandas pioneiras na cidade e que decidimos incorporar ao xogo de votacións.

Despois de unha primeira eliminatoria de grupos, fíxose unha fase final, uns cuartos e unhas semifinais antes da gran final. Todo isto cos votos da xente a través das redes sociais do Local nun proceso aberto de participación.

Isto pon final ao proxecto “O LOCAL ONLINE” que arrincamos como consecuencia do peche das instalacións físicas do Local por mor da COVID-19.

Dentro de este proxecto arrincamos unha serie de actividades e melloras online, que incluíron a renovación da web, un novo blog, unha plataforma de formación en liña e reservas de citas co persoal do Local para formación e asesoramento.

Todas as actividades de O Local Online pasaban polo mundo dixital e a través das redes sociais, e grazas ao esforzo realizado ao mudar o proxecto, transformouse en máis de 190.000 persoas alcanzadas coas publicacións nas redes e máis de 7400 “me gusta”, comentarios e demais interaccións.

A inminente apertura das instalacións físicas do Local traerá novos proxectos e actividades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio