Arranca o Galegote Rock 2021 con 15 concertos de artistas en galego

O Galegote Rock de Pontevedra volve con 15 concertos o 28, 29 e 30 de maio en dous escenarios diferentes; despois de adiarse o ano pasado.

O festival terá lugar durante tres días (28, 29 e 30 de maio), durante os que se programan 15 concertos en dous espazos que estarán acoutados e contemplarán as medidas sanitarias esixidas: as escaleiras que baixan do parque das Palmeiras cara a Raíña Vitoria e o palco da música na Alameda.

O Concello aposta pola recuperación da música ao vivo a través de formatos adaptados á situación sanitaria, e apostando pola cultura do país. Segundo informou Alberto Oubiña, a recuperación do Galegote Rock únese ao concerto de Ortiga programado para o domingo 23 de maio ás 13h na praza da Ferraría, no marco da iniciativa Cabos Soltos, e co que se dá o pistoletazo de saída á que será a recuperación da música ao vivo na cidade. “Desde o Concello de Pontevedra temos un compromiso claro coa cultura do país e queremos botar unha man con esta situación” salientou Oubiña, quen engadiu que co Galegote Rock “queremos amosar que é o que somos como nación, unha potencia en moitos aspectos pero no ámbito da música, xa non é só que abra portas, é que a nosa música abre os mares, porque é capaz de unir diferentes xeracións, s estilos musicais, inquedanzas, propostas e todas elas baixo a paraugas da lingua”.

Programa:

Venres 28:
• 19h: Su Garrido Pombo. Escaleiras das Palmeiras
• 20h: TNT Band. Palco da Alameda
• 21h: Moucho. Escaleiras das Palmeiras
• 22h: Monoulious Dop. Palco da Alameda

Sábado 29
• 13h: Arturo Delgado. Escaleiras das Palmeiras
• 14h: Peña. Palco da Alameda
• 19h: Zeltia Irevire. Palco da Alameda
• 20h: Noiteaka+2Pasos. Escaleiras das Palmeiras
• 21h: O cadelo lunático. Palco da Alameda
• 22h: Lume. Escaleiras das Palmeiras

Domingo 30
• 13h: Pauliña. Palco da Alameda
• 14h: A Rabela. Escaleiras das Palmeiras
• 19:30h: Desjobernaos. Escaleiras das Palmeiras
• 20:30h Los Rastreadores. Palco da Alameda
• 22h: Laura Lamontagne & Pico Amperio. Escaleiras das Palmeiras

One thought on “Arranca o Galegote Rock 2021 con 15 concertos de artistas en galego

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.