🔊 MELLOR GRUPO DA HISTORIA 🔊

No convivio do local preguntamos 🤔 cal era o mellor grupo (ou artista) da historia da cidade, e saíron moítisimos grupos 🤯 e non había consenso. Decidimos entón recopilar 📝 información sobre bandas que existiron fai moitos anos e recopilar as vosas propostas a través de Instagram.

A partir do 🔜 luns 9 de marzo decidiremos entre todas, nunha especie de “torneo”,
😱 o mellor grupo da historia da cidade de Pontevedra😱

Entre as persoas que participen en cada votación iremos sorteando cousas do “merch” do Local 😏

A “competición” IEOMGDHDP (Imos Escoller O Mellor Grupo Da Historia De Pontevedra):
1º eliminatoria: 24 bandas –> Cos vosos votos escolleremos 8 dos grupos finalistas.
1º eliminatoria: 24 bandas –> Cos vosos votos escolleremos os outros 8 finalistas, para facer un total de 16.
Octavos de final –> Entre os 16 finalistas faremos “encontros” un contra un, para ver que pasa de ronda.
Cuartos de final –> Entre os 8 finalistas faremos outra tanda de encontros un contra un.
Semifinais –> Cos grupos gañadores dos cuartos de final, faremos dous “encontros” un contra un, para decidir os finalistas.
FINAL –> A gran final farase cos votos en directo dun streaming que se fai nun evento público do Local, do que daremos máis información, pero non aínda 😉

Sistema de votación:
Faremos publicacións todos os días en Instagram, Facebook e Twitter. Recontaremos os votos por comentarios en cada publicación, polas enquisas e polas stories.
SÓ VALE 1 VOTO POR PERSOA EN CADA UN DOS MÉTODOS.
É dicir. Podo votar unha vez en cada rede social. Unha vez nas stories de instagram, unha vez comentando a publicación, unha vez en facebook… PERO NON VALERÁ MÁIS DE UN COMENTARIO.
O luns 9 de marzo comezamos. Estate atenta para votar todos os días e escoller o mellor grupo (ou artista) da historia de Pontevedra.

  • Grupos:
  • Mínima expresión
  • Sucursal Urbana
  • Los cafres
  • Último aviso
  • Caja B
  • Ansar
  • Los Phoniks
  • Los Drakars
  • Royal Juvens Group
  • Leucodistrofia metacromática (LDM)
  • Los verdugos
  • Queimada
  • Los stokers
  • The siners
  • Pontis
  • Los microns
  • Play Boys
  • Péndulos
  • California
  • Dismal
  • Brutal distracción
  • The black stones
  • Os fervellasverzas
  • Champurrada
  • Tractor Troy
  • Unicornibot
  • 4 de abril
  • Qué desilusión!
  • Bala
  • Vörtex
  • La Casa de los Ingleses
  • Malkeda
  • Jhonander
  • Furious monkey house
  • Delahoja
  • MLK
  • Pus de alce (PDA)
  • Cora Velasco
  • Skirl
  • Mr Magoo
  • Calle del Ruido
  • Solfabirras
  • Cuchillo de fuego
  • The grave dolls
  • Lysergic Project
  • Thee Blind Crows
  • Fondo Norte


16 pensando en “🔊 MELLOR GRUPO DA HISTORIA 🔊

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio