⚡️LP3 ⚡️O camiño á profesionalización de 🔥JACOBO SAINZ🔥

O ⚡️LP3⚡️  foi un proceso de mentorización e seguimento de bandas, como Jacobo Sainz, que fixemos no Local de música de Pontevedra.

Parte dun compromiso de artistas que xa tiveran algo de traxectoria e traballo feito para mellorar en aspectos máis avanzados que o lp1 e lp2. De modo consensuado traballamos no que máis precisase a banda para que poidan dar un “acelerón” nas súas carreiras artísticas.

Management, comunicación, marketing, son de banda, gravación, home studio, monetización… Feito a través de reunións online e dos contidos da aula virtual do local, Jacobo Sainz e os demais grupos gravaron unha canción nas instalacións do Local de música.

Podes escoitar a canción ao  ⬇️⬇️ FINAL DA PÁXINA ⬇️⬇️  nos artigos do BLOG do Local.

🔺Hoxe é a quenda de JACOBO SAINZ 🔺
“Jacobo Sainz é o proxecto homónimo do frontman da banda pontevedresa de metal Vörtex. En 2019 lanzou o seu proxecto en solitario cun estilo pop-rock, que nada ten que ver co que facía antes.
Sabías que Jacobo tocou en directo con Nickelback no seu último concerto en Madrid? E que con Vörtex tocou no Resurrection Fest, Sonrías Baixas e xirou por toda a península? A finais de 2018 comezou a compoñer as cancións do seu debut en solitario e que en outubro de 2019 darían forma ao EP chamado “City Lights
Achegándose a un son indie-rock británico, e en inglés, busca transmitir sentimentos coas súas cancións, e facer vibrar á xente coas súas melodías de guitarra.”.

https://www.instagram.com/jacobosainz/
https://www.youtube.com/watch?v=3SosWJ7jOWo
https://open.spotify.com/artist/5vuaLsh6LJnGWhpWsY6Cax

Os LP’s son un itinerario formativo que levamos facendo no Local desde hai case 10 anos. Un sistema que abarca as principais áreas de coñecemento que debe manexar unha persoa que pretenda camiñar pola senda da industria musical actual.

Dividímolo en 2 niveis: LP1 e LP2
-LP1 é unha “posta a punto” en temas básicos para comezar no local de música.
-LP2 faise antes dos concertos de verán e trata de “adestrar” aos grupos para saír a tocar aos escenarios.
Agora engadimos outro nivel, LP3.

AQUÍ TES “FOR A LITTLE WHILE”, A NOVA CANCIÓN DE JACOBO SAINZ

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.