O ⚡️LP3⚡️ foi un proceso de mentorización e seguimento de bandas, como Javier Waterproof, que fixemos no Local de música de Pontevedra.
Parte dun compromiso de artistas que xa tiveran algo de traxectoria e traballo feito para mellorar en aspectos máis avanzados que o lp1 e lp2. De modo consensuado traballamos no que máis precisase a banda para que poidan dar un “acelerón” nas súas carreiras artísticas.
Management, comunicación, marketing, son de banda, gravación, home studio, monetización… Feito a través de reunións online e dos contidos da aula virtual do local, Javier Waterproof e os demais grupos gravaron unha canción nas instalacións do Local de música.
Podes escoitar a canción ao ⬇️⬇️ FINAL DA PÁXINA ⬇️⬇️ nos artigos do BLOG do Local.
🔺 Hoxe é a quenda de JAVIER WATERPROOF 🔺
“Javier Waterproof é un proxecto autoproducido co obxectivo de crear boas cancións. Coidando o proceso creativo, dende as letras ou a armonía ata o son final da gravación. Sendo unha parte importante do proxecto a experimentación e a busca de novas sonoridades que sirvan para a ambientación da historia que encerra a canción.”
SPOTIFY
Os LP’s son un itinerario formativo que levamos facendo no Local desde hai case 10 anos. Un sistema que abarca as principais áreas de coñecemento que debe manexar unha persoa que pretenda camiñar pola senda da industria musical actual.
Dividímolo en 2 niveis: LP1 e LP2
-LP1 é unha “posta a punto” en temas básicos para comezar no local de música.
-LP2 faise antes dos concertos de verán e trata de “adestrar” aos grupos para saír a tocar aos escenarios.
Agora engadimos outro nivel, LP3.
AQUÍ TES “OTRA RONDA”, A NOVA CANCIÓN DE JAVIER WATERPROOF