Os míticos Malkeda son o 4º e último semifinalista do IEOMGDHDP

Malkeda son a terceira banda semifinalista do 🏆IEOMGDHDP🏆 e imos a contarvos un pouco da súa traxectoria.

Despois de falar dos 4 grupos semifinalistas faremos as votacións para ver quen pasa á final.

As 4 reportaxes sobre os grupos son a cargo de Jaime Tomé, que se ofreceu a facelas, investigar, recadar información, cancións, fotos e a redactar as biografías e traxectorias.

Moitas grazas Jaime Tomé pola túa colaboración. Xa falamos sobre Os fervellasverzas, Vörtex e Bala. Hoxe Malkeda, cuarta e última banda semifinalista.

MALKEDA:

Malkeda é un grupo pontevedrés de metal alternativo formado por Checho (cantante), Guille (guitarra e coros), Isidro (guitarra), Adri (baixo) e Miguel (batería).

Malkeda creouse en Pontevedra en 2002 froito da idea de Checho e Guille de crear un novo proxecto. Máis adiante uniríase Juan-L ao baixo, David Parcero á guitarra e David “Rulo” á batería. Por motivos persoais, David ten que deixar o grupo e Isidro entra como segundo guitarrista, configurando así a súa primeira etapa.

Aínda que anteriormente Malkeda xa gravara unha demo chamada “Eterna Condena” no 2003 e o sinxelo “Supremos” no 2006, o seu primeiro álbum titulado “Momentos Impuntuales” chega no 2007.

Case 4 anos despois sae “En acústico”, un EP autoeditado de 3 cancións cun enfoque máis tranquilo e rockeiro. Sería o precedente ao seu segundo disco “Un día sin ayer” (Krazy Music, 2012).

Despois de “Un día sin ayer”, Miguel convértese no principal baterista, colaborando tanto no ep acústico como no segundo álbum. Na etapa entre “Un día sin ayer” e o ano 2016 houbo varias entradas e saídas principalmente de bateristas. Ximo Sanchís pasa a ser quen grava as percusións en “Cumulonimbo”, o terceiro disco da banda, co xa instalado novo baixista Adrián Costal (ex-Nihil e Brutal), tomando a posición que Juanele deixou.

No “Cumulonimbo” (Maldito Records, 2017) contaron coas colaboracións de Camilo (Delahoja), Alberto Cereijo (Los suaves) e Javier Gómez Noya (Triatleta profesional), entre outros.

Tras lanzar “Cumulonimbo” Ximo tamén sae do barco para dedicarse a outros proxectos. Tras isto recurren a Nico “Lysergic” Rodríguez, Carlos Bastón e Adrián Charlín á batería para completar a súa programación de bolos. Finalmente regresa Miguel, o que aínda é membro e batería da banda hoxe en día.

DIRECTOS

Nestos 18 anos de traxectoria musical, Malkeda percorreron multitude de escenarios, cidades, festivais e salas por toda a península. Tocaron por toda Galicia, Madrid, Zaragoza, Sevilla, Valencia, León ou Lisboa. Acadaron moi boas reseñas e críticas nos medios e incluso chegaron a aparecer no programa de Buenafuente (La Sexta Tv).


Unha boa lembraza foi cando en 2012 gañan o concurso “15 Bolos” do Local de música. Conseguen así abrir o concerto de Obús e Barón Rojo nas festa da Peregrina. Meses máis tarde, Barón Rojo volvería a chamalos para tocar con eles no Náutico de Vigo.

Un dos seus últimos e máis grandes éxitos, foi o seu concerto no Trifest 2019. Eles sós consegueron encher a praza do concello de Pontevedra, todo un fito para unha banda local na nosa cidade.

O son de Malkeda, cuarto semifinalista do IEOMGDHDP, podería definirse como unha combinación entre o nu metal dos primeiros anos dos 2000 fusionándose co rock alternativo e un metal máis moderno e melódico. Aínda así, os horizontes son cada vez máis amplos, como mostran nos seus novos singles 2020, que dan esperanzas dun novo álbum. Quen sabe se algo especial con motivo do seu 20 aniversario 2023.

http://www.malkeda.com
http://malkeda.bandcamp.com

https://www.instagram.com/p/B_NrLIRlRoF/

One thought on “Os míticos Malkeda son o 4º e último semifinalista do IEOMGDHDP

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.