“Mañá”, a canción de referencia para a música pontevedresa

“Mañá” é un proxecto que nace da necesidade de proporcionar a cidadanía música en galego na situación actual de confinamento e pór en valor aos artistas noveis da cidade, buscando convertir así o vídeo musical nun elemento de apoio e orgullo local.

Un vídeo musical no que participan diferentes artistas da cidade, transmitindo unha visión crítica pero á vez positiva dunha gran oportunidade de convertir todo isto nun futuro mundo mellor.

“Mañá” é un proxecto colaborativo para reinvindicar a unión e a colectividade nesta época pandémica. Participando o Local de Música, Escola Bonobo, Xeración Sónica, Ana Seoane, Jose Aragunde, dezaseis artistas da cidade e Revenidas s.c; creatividade e lingua galega postos ao servizo da cidade.

— Mañá —

A alarma resoa na boca do artista,
dun mundo que torna a unha forma distinta
agorafobia, fobia social, medo a sentir, até a respirar.
Un vello amigo, un grito de pánico,
que frea xusto no bordo do abismo.
Escoitas a voz? Escoitas o aviso?
Contempla o espertar do xigante durmido.

Basta, detente, escóitalo agora?
A Terra colapsa, os mares desbordan.
Os nenos non corren, pecharon a escola
A incerteza asoma e afoga.

As rúas baleiras, desinformación,
as trolas circulan pero os coches non.
Humanos fechados igual que nun zoo
Na ría golfiños e ata tiburóns.

Unha realidade que tardaba en chegar,
agora é o momento de parar e pensar.

Quero volver atrás
Quero espertar
O mundo berra
Xa non o escoitas?
As horas pasan
Vou afogar
Pero vexo o final se nos vemos mañá
Máis máis cerca
Somos libres xa

A liberdade marchou de penalti
Como o alcol do meu vaso
Volveremos brillar
Calma, origami
Hai que ir paso a paso
iremos ós bares, ás prazas, ás praias, daremos bicos e abrazos
Tan só confía que desta sairemos un pouquiño menos malos.

Un ruído que asoma a un novo balcón,
o son dos aplausos da revolución
paciencia, esperanza, camiña, avanza.
Escoita o concerto do teu corazón.

Isto é un novo espertar, un reset desta sociedade
non ter medo de abrazar e ter outra oportunidade,
volveremos con forza a vivir, a respirar.
Volveremos a ser, a sentir e a abrazar.

Quero volver atrás
Quero espertar
O mundo berra
Xa non o escoitas? (x2)
As horas pasan
Vou afogar
Pero vexo o final se nos vemos mañá
Máis máis cerca
Somos libres xa

– Promove: Concello de Pontevedra. Concellaría de Xuventude
– Produción do proxecto: Revenidas S.C
– Composición: Thomas Argibay Walker e Mariña Paz
– Melodía: Mariña Paz
– Letras: Mariña Paz e Gonzalo Maceira coa colaboración de Violeta Mosquera, Laura García, e Camilo
– Artistas participantes: Soulmacklein, Malecho, Checho Malkeda, Dani (singer stitch), Mariña Paz, Laura G. Villar, V. Mosquera, Lope, Rodrigo Valiente, Jose Barros, Tea é un paxaro, Sara López, Mavaralla (Xaquín Moreda)
– Dirección artística: Gonzalo Maceira e Artecalavera
– Produción musical: Gonzalo Maceira e Iago Lorenzo
– Mix e Master: Iago Lorenzo
– Realización audiovisual: Jose Aragunde
– Deseño gráfico e animacións: Ana Seoane

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.