Mentoría musical para 8 proxectos de mulleres entre 16 e 26 anos

Mañá 20 de abril remata o prazo da I mentoría musical de Descúbreas, onde 8 proxectos de mulleres entre 16 e 26 anos da provincia de Pontevedra farán un proceso de traballo, formación e gravación para impulsar as súas carreiras.

O que che recomendamos é que vaias directamente á páxina de Descúbreas para ver toda a info, e se tes dúbidas lles preguntes, que o prazo remata mañá 20 de abril.

O máis importante que debes saber son os requisitos e ao beneficios que accedes.

Requisitos:
-Ser da provincia de Pontevedra
-Ser muller
-Ter entre 26 e 26 anos

Beneficios:
— Un itinerario individualizado en función das características de cada alumna. Nel detallaranse as sesións de mentoría, das que se fará un seguimento pormenorizado
— A gravación dunha canción propia en estudio
— A gravación e realización dun vídeo musical propio
As bolsas teñen un valor estimado de 1.000 € cada unha

Para inscribirte deberás enviar un vídeo dunha interpretación musical propia, unha carta de motivación e unha currículo da túa carreira musical.

Toda a info nas redes de Descúbreas

👉 Bases: https://boppo.depo.gal/…/-/boppo/2021/03/26/2021015224
👉 Sede electrónica: https://sede.depo.gal/…/catalog-details.xhtml…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio