E si, dicimos curso? porque o Music Lab non é un curso como tal, é un laboratorio musical para FOZAR. Neste caso traballaremos co programa Ableton Live no eido da música electrónica. Todos os mércores de outubro a decembro, de 16:30 a 19:30 no Local de música de Pontevedra.
❌❌❌ INSCRICIÓN AO FINAL DA PÁXINA ❌❌❌
ONDE: Local de música de Pontevedra
DATAS: Desde o 6 de outubro e até o 15 de decembro
CANDO: Todos os mércores de 16:30 a 19:30 (agás o festivo 6 de decembro que pecha o Local)
PRAZAS: 9
NIVEL: Básico
NECESIDADES: Ordenador portátil e cascos
COMPLETAMENTE DE BALDE
Descrición:
No Music Lab de iniciación á produción musical con Ableton Live imos comezar vendo o mínimo que precisamos para empezar a crear música ademais das partes fundamentais que debemos controlar para usar Ableton.
Temario:
Ableton a morte:
- Entorno gráfico: Cadro de preferencias, navegador, vista sesión/arranxo, barra de transporte.
- Audio vs MIDI: Diferenzas, Pistas e clips de audio, pistas e clips de MIDI, Esceas, Piano roll.
- Caixas de Ritmos e samplers: Impulse, Drum Rack, Simpler.
A xentil arte da síntese:
- Síntese: Nocións básicas, sintetizadores nativos, Plugins de balde.
- Fx: De tempo, de dinámica, Especiais, MIDI Fx.
- Automatizacións: Por puntos, por tempos musicais, gravación de automatizacións.
Na casa do ladrón, rouban ata a inspiración:
- Modos Warp: Que son, Audio elástico, distintos modos warp.
- Sampling: sampling sinxelo e samplig creativo.
Este Music Lab é para ti se…
Queres aprender a producir dende cero. Empezaches a producir pero non tés moi claro como van os plugins nin os programas. Queres que unha persoa profesional do sector te guíe nos primeiros pasos como produtora.
Este Music Lab non é para ti se…
Levas tempo usando Ableton ou outro secuenciador e queres profundizar máis en mezcla ou mastering… este curso non vai diso… Xa sabes producir perfectamente con Ableton Live. Esperas que o Music Lab o faga todo por ti.
Sobre o docente.
Pablo Trobo, responsable do Local de música; Produtor Musical, Técnico superior de Sonido e DJ. Leva 20 años facendo a súa propia música. Durante este tempo como productor tivo o privilexio de traballar con artistas de renome internacional. En total puido publicar en mais de 10 selos de distintos lugares do planeta co seu grupo 4th Foundation.
One thought on “Ven FOZAR ao Music Lab con un c̶u̶r̶s̶o̶?̶ de música de electrónica”