Foza e cacharrea coa recopilación de recomendacións do Music Lab

O Local adáptamonos á situación de confinamento lanzando propostas e actividades de forma “online”. No Music Lab tratamos de achegar o uso de novas tecnoloxías. Realidade virtual e aumentada, videomapping, App’s de creación, ferramentas online, softwares… Aquí vai a recopilación enteira 😏

🤖1 🤖
Cal é o teu coeficiente intelectual musical? Hai unha páxina, (que casualmente se chama “The Music Lab”) que teñen unha proba para medir a túa “intelixencia musical”.
➡️ https://www.themusiclab.org/quizzes/miq ⬅️

🤖2 🤖
Moog music e Korg regalan sintetizadores para iOS e Android nestos días de confinamento. A fozar!!
➡️ https://www.hispasonic.com/…/moog-music-korg-regalan-…/45012 ⬅️

🤖3 🤖
A pesar do COVID-19 o mundo seguirá, e o 5G é unha das novas que van a mudar o mundo tal como o coñecemos.
➡️ https://www.puromarketing.com/…/nuevas-fronteras-para-marke… ⬅️

🤖4 🤖
“Foreignrap” é unha páxina onde descubrir artistas de rap de todo o mundo, con centos de horas de videoclips e cancións.
➡️ https://foreignrap.com/ ⬅️

🤖5 🤖
A tecnoloxía está moi presente dentro do día a día do teatro e as artes escénicas, e moito máis do que se cree. Aquí tendes un vídeo sobre o uso da tecnoloxía no Teatro Real de Madrid.
➡️ https://elfuturoesapasionante.elpais.com/la-tecnologia-que…/ ⬅️

🤖6 🤖
“EboSuite” é un programa que permite manipular clips de vídeo como se se tratase de clips de audio/Midi de Ableton Live.
➡️ https://www.hispasonic.com/…/ebosuite-aporta-sesiones…/45026 ⬅️

🤖7 🤖
Xa vos comentamos algunha vez sobre “StageIt”, unha plataforma onde facer concertos en streaming e que a xente poida pagar por verte tocar.
➡️ https://www.stageit.com/ ⬅️

🤖8 🤖
Concerto con Ipads de Viva Suecia. Nos Music Lab do Local xa fixemos a proba, e ensinamos a utilizar Ipads para facer música. Viva Suecia fixo unha aplicación práctica de isto.
➡️ https://youtu.be/pHONHI22n24 ⬅️

🤖9 🤖
“aux.app” agrupa toda a música de Youtube, Deezer, Soundcloud e MixCloud nunha soa app. Un único reproductor gratuíto e online.
➡️ aux.app ⬅️

🤖10 🤖
“Screen” é unha app onde podes facer unha videochamada e á vez, usar todas a mesma pantalla compartida. Cada persoa ten o seu cursor propio e podedes interactuar para xogar, traballar, diseñar, pasar o tempo de confinamento… Ten moitísimas posibilidades.
➡️ https://www.genbeta.com/herramientas/screen-app-gratuita-para-trabajar-grupo-pantalla-compartida-windows-linux-macos ⬅️

🤖11 🤖
Google Chrome ten un apartado de “Music Lab” con xogos musicais moi moi sinxelos. Son moi interesantes sobre todo para a rapazada máis pequena, pero seguro que nestos días é útil para calquera.
➡️https://musiclab.chromeexperiments.com/ ⬅️

🤖12 🤖
Spotify estaría preparando unha actualización incrible. Recomendacións de cancións según a foto do entorno no que estés. Fai unha foto e disfruta música que coincide co teu momento e estado de ánimo, elexida só para ti. .
Que che parece? Daríaslle uso?
➡️https://hipertextual.com/2020/03/spotify-recomendarte-musica-foto-entorno ⬅️

🤖13 🤖
Un software para facer jam sessions virtuais? Pois si, “JAMULUS” permite facer jams online. A app recopila os datos de audio e fai unha mistura para que teñas unha latencia 0.
➡️https://sourceforge.net/projects/llcon/ ⬅️

🤖14 🤖
“GetScreen” é un programa que permite conectarse de forma remota a outros dispositivos. Ten moitas posibilidades de uso. Cal se che ocorre a ti?
➡️https://www.genbeta.com/herramientas/getscreen-me-magia-conectarse-a-cualquier-ordenador-cualquier-dispositivo-lugar-solo-descargar-ejecutable ⬅️

Iremos ampliando e engadindo novos softwares, artigos, probas, inventos e demais cacharradas. A FOZAR!

3 thoughts on “Foza e cacharrea coa recopilación de recomendacións do Music Lab

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.