Musicar poemas ou versos de Florencio Delgado no certame Música nas Letras, a proposta do Concello para o Día das Letras Galegas.
A Concellaría de Normalización Lingüística vén de convocar o certame Música nas Letras, un concurso que busca incentivar o uso da Lingua galega na música creada e interpretada no Concello, co gallo das Letras Galegas.
Os participantes deberán musicar, con composicións orixinais, un poema ou versos do homenaxeado desta edición: Florencio Delgado Gurriarán.
As persoas interesadas deberán presentar a súa proposta no enderezo alingualatexa@gmail.com antes do 5 de maio.
Co gallo das Letras Galegas, para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán e co fin de incentivar o uso da lingua galega na música creada e interpretada no concello, o Concello de Pontevedra convoca un certame musical aberto á participación dos grupos que cumpran as seguintes bases:
As bandas participantes en Música nas Letras deben musicar; con composicións orixinais, un poema ou mestura libre de versos de Florencia Delgado Gurriarán, figura homenaxeada nas Letras Galegas 2022.
Poderán participar todas aquelas bandas de calquera xénero ou estilo musical de Pontevedra ou que acrediten ter un compoñente de Pontevedra.
A lingua de comunicación, creación e interpretación ha de ser unicamente o galega.
Para inscribirse, os grupos participantes deberán remitir o tema composto en formato audio, MP3, MP4 … xunto cos datos da banda, nome e compoñentes, os datos de contacto e fotocopia do DNI ou volante de empadroamento que certifique a residencia, de polo menos un dos compoñentes, en Pontevedra ao enderezo alingualatexa@gmail.com.
O prazo de presentación para Música nas Letras remata o día 5 de maio de 2022.
Un xurado composto por profesionais do sector cultural seleccionará os grupos finalistas.
Os 3 finalistas comprométense a interpretar a súa composición o 17 de maio, nun acto público organizado polo Concello de Pontevedra. O Concello porá o rider técnico e a produción necesaria para a realización do concerto. Nese acto tamén terá lugar a entrega de premios.
Os premios serán:
1º premio: 1.000€
2º premio: 500€
3º premio: 250€
A interpretación das bases de Música nas Letras corresponde ao xurado. O seu veredicto será inapelable.