Volve NOITES ABERTAS con versión “online”

Aberto o prazo de presentación de propostas para Noites Abertas 2021 até o 30 de decembro a través da web www.noitesabertas.gal

Este ano as Noites Abertas, a oferta de ocio da xente moza para xente moza de Pontevedra, celebra a súa 22º edición mudando cara o online. Entre febreiro e maio haberá 50 actividades os venres e sábados, que se levarán a cabo de xeito telemático ou ao aire libre. Son actividades soltas de unha ou dúas horas de duración, e todas van a requerir inscrición previa a través da web de Noites Abertas por primeira vez na historia do programa.

Agora ábrese o prazo para que todas a persoas que queiran participar creando actividades para o programa, o poidan presentar. Este prazo de actividades rematará o vindeiro 30 de decembro. No mes de xaneiro reunirase a comisión que seleccionará os proxectos. A escolla terá en conta que sexan propostas interesantes para a mocidade, constructivas, lúdicas, participativas e viables online.

Aquí tes as bases da convocatoria e aquí a ligazón ao formulario de participación

Máis info en www.noitesabertas.gal

One thought on “Volve NOITES ABERTAS con versión “online”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.