O Concello de Ames interésase polo Local de música

As persoas representantes do Concello de Ames, David Santomil (tenente de alcalde), Escarlata Pampín (concelleira de Xuventude) e Pilar Villaverde (técnica de Xuventude) visitaron o concello de Pontevedra para coñecer as políticas de Xuventude, e en especial o proxecto do Local de música.

No marco do encontro de traballo co concello de Pontevedra, tamén visitaron o Local de Música e mantiveron unha reunión coa entidade que o xestionamos, Xeneme, para coñecer polo miúdo o noso funcionamento e mesmo a adaptación que estivemos realizando para manter a actividade en liña debido á situación sanitaria.

Neste sentido, tanto o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, como o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, explicáronlles aos membros do Goberno municipal amesán e á técnica da OMIX de Ames, as liñas básicas de programación coas que se está a traballar desde o Local de Música de Pontevedra e que van dirixidas á formación e mentorización de grupos musicais formados por mozos e mozas e que, en última instancia, lles permite sacar adiante un traballo de gravación que lles facilite a entrada no mercado profesional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio