💻 O LOCAL ONLINE 💻

O Local online. Arriba eses ánimos xente, que o Local esté pechado de forma física non significa que cesemos a nosa actividade dixital.

O Local online

Neste días de confinamento polo Estado de Alarma decretado polo COVID-19, arrancamos o noso “programa de actividades online” para que entre todas levemos un pouco mellor a situación. Estamos abertas a suxerencias, propostas, colaboracións ou que aportedes material.

Horario O Local online:

  • 10-12h – MUSIC LAB:
    No MusicLab tratamos de achegar o uso de novas tecnoloxías para que integrar nos vosos proxectos. Realidade virtual, realidade aumentada, videomapping, App’s de creación, ferramentas online… Partillamos softwares, artigos, investigacións, app’s…
  • 12-15h – CLASE DE HISTORIA:
    Dentro do local existe o proxecto “Rock&Lerez”, no que facemos unha documentación dos proxectos musicais que pasan pola cidade. Pero había un oco: as bandas anteriores ao proxecto do Local que foron pioneiras da música na cidade. Todos os días falamos sobre unha banda antigaque fixo que a música na cidade de Pontevedra sexa a que é hoxe en día.
  • 15-18h – IEOMGDHDP:
    Como medida de participación cidadá gamificada estamos escollendo entre toda a audiencia online, “o mellor grupo da historia de Pontevedra”. O xogo das votacións será o noso “recreo”.
  • 18-21h – MATERIAL DIDÁCTICO:
    Como resposta ás necesidades das persoas usuarias poñemos a disposicións de todas material de estudio, investigación ou de experimentación. Desde titoriais, artigos, clases ou solucións dixitais; até a posibilidade dunha clase online co equipo do Local.
  • 21h – DEBERES:
    Como inicio dun movemento colaborativo, propoñemos concertos históricos “imprescindibles” para que a xente se entreteña e se forme nestes momentos de confinamento. Concertos míticos para ver, escoitar e aprender.
O Local online

A partir do martes 17, a até que a situación mude, continuaremos con propostas para facer todo isto máis levadío. Mudaremos, adaptaremos e faremos máis propostas.

2 pensando en “💻 O LOCAL ONLINE 💻

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio