O ritmo non para no Local de música

No Faro de Vigo sae esta reportaxe que nos fixo Ana López

#VenAoLocal

⚡️ Web do Local ➡️ localdemusica.gal ⚡️

🔴 O Local de música como centro sociocultural musical, levamos xa 14 anos traballando pola mocidade musical pontevedresa.
🔴 Desde 2008 vivimos diferentes etapas por onde pasaron unha gran parte dos proxectos musicais da cidade.
🔴 Na reportaxe, o noso director, Diego Parajó de Xeneme fala dos diferentes momentos vividos e da situación actual poscovid.
Toca seguir traballando a cultura musical de base, potenciar a nosa “canteira” de proxectos na cidade e que as novas xeracións coñezan o Local.
🔴 O que buscamos no Local é atopar continuamente xente nova da mocidade pontevedresa.Novos proxectos e artistas que usen o Local para ensaiar, formarse, asesorarse, participar dos proxectos, concertos, actividades… até que xa poidan dar o salto a estudos de gravación, etc
🔴 “É unha maravilla de proxecto que vai evolucionando co tempo.” di Diego.
🔴 Mesmo durante a pandemia tivemos que adaptarnos en cuestión de días para manter o proxecto e a comunidade activa de forma dixital.
🔴 O único centro sociocultural que non paramos a actividade.
O noso concelleiro Alberto Oubiña destaca o traballo de Xeneme no bo funcionamento do Local, “xa desde antes do confinamento traballaban no aspecto dixital, o que permitiu que continuaran a actividade durante a pandemia.”
🔴 No Local seguimos na actualidade retomando a normalidade con todos os proxectos que facemos.O Music Lab, os LP’s, a Escola en liña, o Rock&Lerez e co programa Xeración Sónica para a captación das máis novas e para traballar proxectos en lingua galega como di oubiña.
🔴 En localdemusica.gal temos toda a información sobre este servizo público.
Un centro sociocultural musical de balde para a mocidade pontevedresa.
🔴 Axuda a difundir para seguir creando cultural musical de base co cancelo #VenAoLocal

Foto 📸 de Gustavo Santos.

Reportaxe: https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/02/11/ritmo-pare-62558119.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.