Os Fervellasverzas son o primeiro semifinalista do IEOMGDHDP

Os Fervellasverzas son o primeiro semifinalista do 🏆 IEOMGDHDP 🏆 e imos a contarvos un pouco da súa traxectoria.

Despois de falar dos 4 grupos semifinalistas faremos as votacións para ver quen pasa á final.

Os Fervellasverzas

As 4 reportaxes sobre os grupos son a cargo de Jaime Tomé, que se ofreceu a facelas, investigar, recadar información, cancións, fotos e a redactar as biografías e traxectorias. Moitas grazas Jaime Tomé pola túa colaboración. Nos próximos días falaremos sobre as outras tres bandas; Vörtex, Bala e Malkeda. Hoxe “Os Fervellasverzas, primeiro semifinalista.

Os Fervellasverzas:
Os Fervellasverzas

Os Fervellasverzas foi unha banda de rock formada no 2003 na cidade de Pontevedra que se caracterizou principalmente polas súas letras directas e desvergonzadas compostas exclusivamente en galego. Aínda que nun principio nos seus comezos practicaron un estilo máis próximo ao punk; e dedicáronse principalmente a versionar a outros artistas, ao longo do tempo o seu son forxouse como unha mistura entre rock and roll clásico e blues con algún que outro toque de música sureña.

No ano 2005 gañan o II Concurso CampusSons organizado polas Universidades de Galiza e formalizaron o seu estilo e son en ‘Mándalle cabrón’ (Sons Galiza, 2005), o seu único disco editado oficialmente cos músicos David Gamallo, Gonzalo Maceira, Roberto Fernández, Benito Pérez, Simón “O Oso” Patiño e Jaime Alonso como membros oficiais. Lanzaron este disco coa discográfica Sons Galiza Musica (Lugo). Durante estes anos o grupo percorreu un gran numero de salas e festivais ademais de telonear grupos de renome como Celtas Cortos, Heredeiros da Crus, Los Limones…etc

“Unha banda moi versátil pero con personalidade, non soando deslabazados ou dispersos para nada.” Dicían sobre eles no blog http://rockdeseu.blogspot.com/2011/02/

A banda desapareceu aproximadamente en 2014, deixando un disco sen estrenar gravado en 2010 (rumoreábase que o nome era “Instinto Animal”) con David Graña como baixista e Roberto esta vez como vocalista e guitarrista xunto co seu ex compañeiros David, Benito e Jaime.

O seu facebook: https://www.facebook.com/osfervellasverzas

Grazas outra vez a Jaime Tomé. Toda a información, fotos, ligazóns… son froito do seu traballo de documentación.

3 pensando en “Os Fervellasverzas son o primeiro semifinalista do IEOMGDHDP

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio