⚡️LP3⚡️O camiño á profesionalización de 🔥 PARTICLE 🔥

O ⚡️LP3⚡️  foi un proceso de mentorización e seguimento de bandas, como Particle, que fixemos no Local de música de Pontevedra.

Parte dun compromiso de artistas que xa tiveran algo de traxectoria e traballo feito para mellorar en aspectos máis avanzados que o lp1 e lp2. De modo consensuado traballamos no que máis precisase a banda para que poidan dar un “acelerón” nas súas carreiras artísticas.

Management, comunicación, marketing, son de banda, gravación, home studio, monetización… Feito a través de reunións online e dos contidos da aula virtual do local, Particle e os demais grupos gravaron unha canción nas instalacións do Local de música.

Podes escoitar a canción ao ⬇️⬇️ FINAL DA PÁXINA ⬇️⬇️ nos artigos do BLOG do Local.

🔴 Particle é unha banda pontevedresa de hard rock e stoner con influencia do rock alternativo e heavy metal.
Teñen tocado en varios proxectos do Local como o Fest, Son da Serea e Falso Directo; así como no Sube ao Palco, Treboada Fest ou na Malatesta. Tras a gravación do seu primeiro EP (#1), a banda tomouse un tempo para traballar nun son máis propio e elaborado, en vistas da gravación dun primeiro álbum proximamente.

YOUTUBE
SPOTIFY

Os LP’s son un itinerario formativo que levamos facendo no Local desde hai case 10 anos. Un sistema que abarca as principais áreas de coñecemento que debe manexar unha persoa que pretenda camiñar pola senda da industria musical actual.

Dividímolo en 2 niveis: LP1 e LP2
-LP1 é unha “posta a punto” en temas básicos para comezar no local de música.
-LP2 faise antes dos concertos de verán e trata de “adestrar” aos grupos para saír a tocar aos escenarios.
Agora engadimos outro nivel, LP3.

AQUÍ TES “ULAAN BAATAR”, A NOVA CANCIÓN DE PARTICLE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.