⚠️⚠️ COMUNICADO OFICIAL ⚠️⚠️
Comunícannos desde o Concello de Pontevedra, que seguindo as recomendacións do goberno do Estado, da Comunidade Autónoma e do propio concello, SUSPÉNDESE A ACTIVIDADE DO LOCAL DE MÚSICA DE PONTEVEDRA ATÉ NOVO AVISO.
Cancélanse polo tanto todos os ensaios, actividades, asesoramentos, formacións, eventos e demais que se fan de forma habitual no Local, desde mañá venres 13 de marzo até novo aviso. Mentres dure esta desagradable situación podedes enviar as vosas dúbidas, preguntas ou o que queirades ao email localdemusica@gmail.com, onde seguiremos asesorando e axudando ao que precisedes para os vosos proxectos musicais.
A través das nosas redes sociais seguiremos co “xogo” do “IEOMGDHDP”, e comezaremos a facer publicacións diferentes para entreter estos momentos cos propostas relacionadas coa música.
Estamos abertas tamén a suxerencias e propostas que vos apeteza facer.
“The show must go on”.
One thought on “❌PECHADO ATÉ NOVO AVISO❌”