
Como todos os anos, pechamos o Local ao público, para deixar tempos máis amplos aos grupos que teñen que preparar actuacións.
Durante a semana do 17 a 20 de xullo permitiremos reservas de ensaios baixo solicitude por teléfono ou whatsapp.
Reabrimos o 11 de setembro e retomaremos a actividade normal do Local, os proxectos, eventos, ensaios, formacións, asesoramentos e demais actividades que adoitamos facer a cotío.
Para os ensaios non será preciso facer unha nova reserva, mantéñense as que están activas neste momento.