O Local de música pechamos ao público até setembro

Como todos os anos, pechamos o Local ao público para preparar os concertos dos Bolos do Local e vacacións.

Durante a semana do 18 a 22 de xullo faremos a porta pechada os asesoramentos técnicos das bandas do Son da Serea.

O martes 26 de xullo é o concerto final do Son da Serea, que celebraremos como “fin de curso” e pechamos o Local por vacacións até setembro.

A principios de setembro retomaremos a actividade normal do Local, os proxectos, eventos, ensaios, formacións, asesoramentos e demais actividades que adoitamos facer a cotío.

Para os ensaios non será preciso facer unha nova reserva, mantéñense as que están activas neste momento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará