Chega Ponteverán con actividades no Local de música

Ponteverán é un programa que configura unha oferta cultural e de ocio educativo para a mocidade e adolescencia (entre os 8 e 35 anos) de Pontevedra.

Rapazas e rapaces teñen a oportunidade de realizar actividades ao aire libre 🍃 a través das cales se favorece o seu desenvolvemento persoal con valores positivos de inclusión, respecto, creatividade, hixiene, esforzo e igualdade 🌈.
Todas as actividades son gratuitas e as pre-inscricións para cada actividade fanse a través do formulario on line da web de xuventude a partir do 15 de xuño.

No Local levarase a cabo o obradoiro “REFLEXIÓNS” todas as mañás dos martes e xoves de xullo. Imparte Estudo Bonobo, que define así o obradoiro:

“Ola monadas! Presentámosvos “Reflexións” un obradoiro de creación audiovisual que impartiremos no Local de música durante o mes de Xullo dentro do programa do “Ponteverán” unha iniciativa de @pontevedrate . Percorerremos a nosa cidade capturando sons e imaxes para logo misturalas nunha peza audiovisual artística. Se tes entre 14 e 17 anos e gústache a música ou a fotografía e vídeo, esto é para tí, ven crear con nós! Bule que as prazas son limitadas! 🌿🐵”

Pensouse en “Chega Ponteverán con actividades no Local de música

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio