Regreso aos novos (vellos) horarios. Aos de toda a vida vamos, pero con adaptacións pola mer** do virus.
Como sabes, o Local retomamos a actividade post-confinamento con novas medidas e horarios, durante o mes de Agosto pechamos para vacacións e voltamos o 1 de setembro seguindo o mesmo sistema de antes de vacacións. Agora toca volver aos horarios de antes do confinamento.
De luns a venres de 16:00h a 22:00h e os sábados de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 22:00h, como sempre.
A diferencia é o tempo de ensaio e a hora de entrada e saída. O tempo de ensaio pasa a ser de 90 min (1 hora e media), e para evitar contactos entre bandas, as entrada e saídas serán escalonadas.
O grupo da sala 1 entra ás 16:00h e o da sala 2 ás 16:15h. Para saír igual, o grupo da sala 1 sae ás 17:30h e o da sala 2 sae ás 17:45h.
Facemos así porque se precisan 30 min de ventilación e desinfección entre bandas en cada sala. Só estarán abertas as salas 1 e 2 até novo aviso, xa que a sala estudio non ten as características precisas para seguir o protocolo covid.
AS INSCRICIÓNS E O SISTEMA DE RESERVAS SEGUEN A FACERSE DESDE A WEB
A inscrición seguirá sendo a través da páxina web localdemusica.gal, co sistema de funcionamento habitual.
One thought on “Regreso aos novos (vellos) horarios”