Aquí podes concertar unha entrevista con algún dos técnicos do local

Fai uns días anunciamos cambios no proxecto do Local como consecuencia da situación do estado de alarma, entre os que se atopan as publicacións de “O Local online” feito en redes sociais.

Agora imos un paso máis alá.

Renovación da web, un novo blog, unha escola virtual e abrimos a posibilidade de concertar citas coa equipa do Local para formación, asesoría, consultoría ou o que precises.

Nesta nova do blog explicamos as demais novidades.

Agora facemos fincapé na reserva de citas.

Tes á túa disposición tres persoas que forman parte da equipa do Local para asesorarte, formarte, ou consultar o que precises para o teu proxecto musical. Eles son:

Pablo Trobo. Técnico de son e responsable do Local.

Marcos Rodríguez. Técnico de producción e responsable do Local.

Diego Parajó. Xestor cultural e responsable do Local.

Podes falar con eles sobre temas de son, produción, produción de eventos, comunicación, marketing, como conseguir bolos, como facer que o teu grupo funcione … O que precises.

Para elo, tes que ser usuaria rexistrada na páxina do Local de música. Unha vez que estés rexistrada, tes no teu perfil un cadro onde podes solicitar cita coa persoa que queiras a través dun calendario.

https://localdemusica.gal/usuario/solicitar-cita

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio