O RockLab é unha actividade musical do Concello de Pontevedra, impartida no Pazo da Cultura. Formou parte da programación do Salón do Libro, e tivo que readaptar o formato por mor da covid-19.
Esta readaptación non foi sinxela, tal e como explicou o seu director Gonzalo Maceira: «Traballamos con 30 alumnos/as de 6 a 10 anos a través de Goole Classroom e Zoom para as clases e levamos a cabo sesións de diferente tipo: invididuais, por grupos pero sobre todo moita formación para pais, que se involucraron moitísimo no proxecto. Sen a súa colaboración e implicación 100% non tería sido posible chegar a porto».
O RockLab finalizou na clausura do Salón do Libro o pasado domingo 17, e materializouse en dous vídeos.
Os cabaleiros do Rock´n´Roll
Inspirados na mítica película dos Monty Phyton “Os cabaleiros da mesa cadrada” o alumnado do Rocklab viaxa á época medieval onde os conflitos da época poden solucionarse cortando unha árbore cunha sardiña ou lanzando unha vaca cunha catapulta….
Rock´n´Roll Monsters
Os monstros máis temidos e máis amados da Séptimo Arte participan no musical audiovisual deste ano que rescata melodías do “Horror músic”. Theremins, Farfisas, sintetizadores, guitarras e referencias musicais que van dende John Williams, Mike Oldfield ata The Sonics…. Un musical ao máis puro estilo “Garaxe punk” con 4 historias e con 4 protagonistas do cine de terror que os relacionará coa música tradicional da procedencia de cada monstro. Unha viaxe que nos levará dende Exipto para coñecer á Momia, a Transilvania para saudar ao conde máis famoso de todos os tempos ou a Amazonia para coñecer á “Criatura do Pantano” a ritmo de electro cumbia.