Samaín no Río, catro noites de música con vinilos e rostros locais

‣ Catro dj’s da cidade animarán o Samaín no Recinto Feiral desde onte xoves 28 (cancelado pola chuvia) até o domingo 31 de outubro

‣ Lúa Zalamera, N. Skillzz, Doc e Malaguita serán os nomes encargados da mestura de melodías.

cartaz do samaín no rio

Con motivo da ponte propiciada pola celebración de Todos os Santos, o Concello de Pontevedra programou un ciclo especial de actuacións no Recinto Feiral con forte base local. Catro picadiscos da cidade encherán e mesturarán melodías de seu na explanada superior da instalación pública.

Desde onte, xoves 28 (cancelado pola chuvia), até o domingo, 31 de outubro, ambos os dous incluídos, realizarase unha actuación diaria ás 22 horas que rematará ás 01.30 horas.

Os DJs son os seguintes:

Malaguita Xoves 28 de outubro (cancelado pola chuvia)

N. Skillzz Venres, 29 de outubro

Doc – Sábado, 30 de outubro

Lúa Zalamera Domingo, 31 de outubro

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.