O noso compañeiro Álvaro Carballo, que está realizando no Local de música as prácticas do grao “Produción e xestión da música e artes escénicas” do CSMV Conservatorio Superior de Vigo, co-organiza a II Semana da produción e xestión.
Álvaro tamén modera as actividades, mesas redondas e ponencias do luns 4 de abril.
Nas actividades participan grandes personalidades como Iago Pico (produtor de Tanxugueiras e de varias bandas do Local de música) e Paula Cabaleiro (Directora de Cultura da Deputación), e moitas outras importantes persoas que podedes consultar no programa.
4 a 7 de abril en YouTube.
en Youtube CSMVigo.
Antonio Moral do Festival Internacional de Música y Danza de Granada
Valentina Granados do Festival Internacional Santander
Daniel Broncano do Música en Segura y Semana de Música Religiosa de Cuenca
Javier Marín López do Festival de Música Antigua de Úbeda y Baeza – FMAUB
Paula Cabaleiro da Deputación Pontevedra
Nico Casal pianista e compositor Oscar Awards
Iago Pico productor de TANXUGUEIRAS
Ricardo Solveira Diaz, Nuria Gullon e Xavi Castiñeira da ESAD de Galicia · Páxina oficial













