O Local de música estaremos este sábado 19 de xuño ás 10h da mañá na canle de Twitch en galego impartindo unha sesión sobre o son nas retransmisións.
A nosa compañeira Paloma, técnica de son e técnica de realización audiovisual, impartirá esta sesión aberta a todo o mundo, onde explicará todo o relacionado co son das retransmisións. Será desde a canle de Twitch en galego este sábado 19 de xuño, ás 10h da mañá.
Twitch en galego teñen unha extensa web onde podedes ver todo o enorme traballo que fan. Dámoslle os parabéns desde o Local a toda a equipa detrás do proxecto.
Twitch en galego defínense como:
A inicitativa Twitch en Galego naceu en agosto do ano 2020 como unha conta de Twitter para dar a coñecer ás distintas canles que emitían en Twitch en Galego, xa que a plataforma non permitía, e segue sen facelo, etiquetar os directos co idioma galego, polo que non existía unha forma sinxela de localizar aquelas persoas que emiten no noso idioma.
Coa conta de Twitter xa en funcionamento, no mes de setembro, seguindo os pasos que tempo atrás realizara a comunidade catalana, a canle Enxebre Gamer inicia a solicitude a Twitch para que inclúa o galego como opción entre os idioma de emisión da plataforma. Dende ese momento a solicitude, pola que seguimos traballando, sitúase entre os piares do traballo diario da iniciativa.
Na actualidade Twitch en Galego segue promocionando e creando comunidade a través de diferentes medios, como a nosa propia canle de Twitch