‘O son da rúa’ deu comezo xa e só no mes de xuño porá en marcha 5 programas nos que participan máis de 25 artistas e compañías.
Todas as actividades terán lugar en espazos aforados, con medidas de seguridade segundo a normativa Covid vixente, serán gratuítas e non será precisa reserva previa.
Só no mes de xuño, poranse en marcha 5 programas e pasarán polos espazos públicos da cidade máis de 25 grupos e compañías galegas. Así, todos os xoves de xuño pasarán polo palco da música da Alameda diferentes seccións da Banda de Música de Pontevedra a través do programa ‘A Banda en pequeno formato’. Seguiralle o programa ‘Audiovisións’, que comeza o venres 4 nas pistas de Campolongo, e que aúna audiovisual e música; e o venres da seguinte semana, iníciase o programa de concertos de bandas emerxentes ‘En clave local’. O 18 de xuño, e ata o domingo 27, terá lugar ‘Sete Falares’ con actuacións programadas todos os días na praza da Predreira e no palco da música da Alameda; e na última semana chega o programa ‘Música contada’ con concertos didácticos para público familiar.
Programas, datas e horarios
A banda en pequeno formato. Palco da música da Alameda. Xoves 3, 10, 17 e 24 de Xuño, ás 20h
Audiovisións. Pistas de Campolongo. Os días 4, 5 e 6 de Xuño de 2021 22:30 horas
Venres 4. ‘Hedwing and the Angry Inch’ (USA, 2001)
Sábado 5. ‘Sisters with Transistors’ (UK, 2020)
Domingo 6. Sesión de improvisación visual e sonoara a cargo de Colapso Jam (Che Garrido, LCTRCT, Xiselr) + m8 (Cris Lores, Belén Veleiro, Lúa Zalamera)
En clave local. Parque das Palmeiras, venres 11, sábado 12, venres 18 e sábado 19 do mes de xuño ás 19h
Venres 11: FUZZ FACES, SKIRL, RODRIGO VALIENTE
Sábado 12: SIMPSONHEAD, RANCHERAS, FROALLA, HAKU, FAUL
Vvenres 18: MALECHO, LIRERAD AL KRAKEN, DENOVA
Sábado 19: LAS GRINGAS, FLIP CORALE, DR. EXCEPTO
Sete Falares. Palco da música da Alameda e praza da Pedreira. Do 18 de xuño ao 27 de xuño.
Venres 18 de xuño
18:00h. Palco da Música da Alameda: Pavís Pavos
21:00h. Praza da Pedreira: Paula Carballeira
Sábado 19 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Celso Fernández Samartín
Domingo 20 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Matrioskas
Luns 21 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Charo Pita
Martes 22 de xuño
21:00h . Praza da Pedreira: Divas de Diván
Mércores 23 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Lois Pérez
Xoves 24 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Cris de Caldas
Venres 25 de xuño
19:00h. Palco da Música da Alameda: Miguel Horta
21:00h . Praza da Pedreira: Antonio Fontinha e Sole Felloza
Sábado 26 de xuño
12:00h. Palco da Música da Alameda: Eugenia Manzanera
13:30h. Palco da Música da Alameda: Vermú de historias, Sole Felloza
19:00h. Palco da Música da Alameda: Antonio Fontinha
21:00h. Praza da Pedreira: Miguel Horta, Eugenia Manzanera e Martha Escudero
Domingo 27 de xuño
13:30h. Palco da Música da Alameda. Vermú de historias, Martha Escudero
21:00h. Praza da Pedreira. Gala de clausura: Eugenia Manzanera, Antonio Fontinha, Miguel Horta, Martha Escudero, Sole Felloza
Música Contada. Palco da música da Alameda, do 28 de xuño ao 1 de xullo ás 12:30h
Luns 28. Odaiko Sinfónico
Martes 29. Xosé Lois Romero, Suso Vaamonde e os 24 instrumentos populares
Mércores 30. “A música das buguinas” con Mamá Cabra & Bellón Maceiras:
Xoves 1. Suelen Estar Quartet cuarteto de violín, viola, cello e contrabaixo