Voltamos coas formacións de música electrónica no Local. Pero desta volta moito máis en serio.
75 horas de formación (certificadas polo concello cun diploma).
De 2 de novembro ate 29 marzo
Mércores de 16:30 a 19:30 no Local de Música de Pontevedra.
Prazas limitadas (10). Inscrición gratuita.
Este Curso de Produción Musical con Ableton Live oriéntase a aquelas persoas que queren saber como producir en Ableton e traballar nas súas primeiras producións, aprendendo a fondo a contorna, ou seu manexo e como facer música no software. Ao finalizar serás capaz de crear secuencias, melodías, arranxos e realizar as túas propias producións musicais, aprendendo en profundidade este software de produción musical.
O curso consta de dous bloques, no primeiro faremos unha descripción pormenorizada dos compoñentes de Ableton live e as súas funcionalidades. No segundo bloque exploraremos mais en profundidade os compoñentes necesarios para a creación dunha composición musical, desde mesturar en Ableton e automatizacións ata masterizar con Ableton, xerando a nosa propia contorna de traballo, creando sons, usando efectos e procesos de audio para finalmente rematar unha composición musical completa.
CONTIDOS Teóricos. Temario.
- Interface de usuario
- Interface de usuario
- Preferencias
- Tipos de pistas
- Creación de plantillas de traballo V
- Vista sesión/Concepto de clip audio vs MIDI
- Concepto de clip
- Vista arranxo/Automatización
- Instrumentos Nativos
- Analog
- Operator
- Wavetable
- Instrumentos de modelado físico
- Sampler
- Simpler
- Drum rack
- Impulse
- Efectos de audio
- Reverb, delay e echo
- Eq, dinámica e filtros
- Modulación e distorsión
- Outros efectos de audio
- Efectos MIDI
METODOLOXÍAS (VAS A APRENDER SEGURO!)
- Sesións presenciais cada mércores, con parte teórica e parte práctica.
- Con aula virtual para acceder a máis contidos e exercicios
- Cunha titorización personalizada para que o teu avance sexa realmente efectivo
- Con profesionais do sector convidados para presentar proxectos e información clave do sector
- Con clases abertas no Local de Música para mostrar ao público os avances
- Con clases Clubbing en garitazos de Pontevedra.
Profesor e coordinador da formación

Profesor Pablo Trobo.
Técnico de son e productor musical.
Actualmente é o responsable do Local de Música e a persoa que está detrás do día a día do proxecto. Con máis de 20 anos ás costas de traballos relacionados co son e a produción musical, converteuse nun experto no traballo con Ableton Live.
Podes escoitar os seus traballos do proxecto (xa finado) 4TH Foundation