As portas do Local abren de novo para ensaios

Os ensaios volven ao Local tras manter durante o estado de alarma a actividade de forma online.

O venres 19 de xuño o Local volve a abrir as súas portas (mantivo a súa actividade de forma online). Iso si, non do mesmo xeito. Debido á situación da COVID-19 e as medidas da “nova normalidade” o Local ten un novo funcionamento que se manterá durante os próximos meses.

Novo horario

A actividade do Local será de luns a venres de 16:00h a 22:00h e sábados de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h.
Os ensaios pasan a ser de 90 min e modifícanse as entradas para evitar contactos entre persoas usuarias. Consulta a info completa sobre isto en NOVOS HORARIOS

Salas

Só estarán dispoñibles as salas 1 e 2 por ter portas ao exterior; polo tanto só poden ensaiar 2 bandas en cada franxa horaria de ensaio. Estará pechado ao público o espazo coworking e sala estudio.

Aforo

O aforo do Local redúcese ao 50% da súa capacidade, polo tanto só poden acceder 5 usuarias a cada sala. Non son posibles as visitas aos ensaios. Haberá marcas no chan para delimitar o espazo de cada persoa.

Medidas de hixiene

-Haberá que acudir ao Local con máscara e utilizala, salvo os casos excepcionais que contemplan as medidas oficiais, ou as persoas que canten.
-Lavar as mans con xel hidroalcólico na porta e en cada descanso.
-Sempre que sexa posible, uso de luvas.
-Manter unha distancia de seguridade de 1,5 metros.
-Non se poderá comer en todo o Local e as bebidas deberán estar en envases individuais.
-Faranse 6 desinfeccións diarias para a seguridade das persoas usuarias.
-Recomendamos desinfectar os instrumentos.

Requisitos e reservas

-Só será posible acceder ao Local previa inscrición e reserva a través da páxina localdemusica.gal.
-Para poder facer unha reserva é preciso estar de alta na web e subir toda a documentación para ser validada polo persoal do Local.
-Para a volta aos ensaios priorizaranse os grupos que xa estaban ensaiando antes da corentena, e aos que cumpran todo os requisitos.
-Aínda así, as novas franxas horarias decidiranse por orde de selección.
-Unha vez se reconfiguren os horarios e segundo a dispoñibilidade, poderán acceder aos ensaios outros grupos da lista de agarda.

O Local abre de novo, mais nunca parou a súa actividade. Desde o primeiro día que se decretou o estado de alarma virou os esforzos cara o mundo dixital. Implementouse o proxecto “O Local Online”, onde as redes sociais e a web do Local colleron moito máis protagonismo. A renovación da propia web, a creación dun novo blog, a creación dunha escola en liña e as citas online; foron os principais cambios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.