Vörtex son o segundo semifinalista do 🏆 IEOMGDHDP 🏆 e imos a contarvos un pouco da súa traxectoria.
Despois de falar dos 4 grupos semifinalistas faremos as votacións para ver quen pasa á final.
As 4 reportaxes sobre os grupos son a cargo de Jaime Tomé, que se ofreceu a facelas, investigar, recadar información, cancións, fotos e a redactar as biografías e traxectorias. Moitas grazas Jaime Tomé pola túa colaboración. Onte falamos sobre Os fervellasverzas e nos próximos días falaremos sobre as outras dúas bandas; Bala e Malkeda. Hoxe Vörtex, segundo semifinalista.
VÖRTEX:
Vörtex foi unha banda pontevedresa de metal que naceu no 2010 e estaba formada por Jacobo Sainz (voz e guitarra), Marcos Rodriguez (guitarra), Víctor Vázquez (baixo e voz) e Jonathan Portela (batería). Comezaron a ensaiar no Local de música de Pontevedra, versionando aos grupos que despois se convertirían en influencias e que forxaron o seu son: Metallica, Avenged Sevenfold, Bullet for my Valentine, Trivium, Judas Priest, Pantera, Linkin Park, Slipknot…
Nos seus inicios gañaron e participaron en diferentes concursos e festivais; como o “15 bolos 2012 e 2013”, o “Fest 2013”, o “Son Radio Galega 2013”, “San Leando 2013” e no “Sonrías Baixas 2013”; neste último con The Toy Dolls, Talco, Boikot…
Xa en 2014 sacan o seu primeiro disco “Confessions”, co que conseguen gañar o “15 bolos 2014” e telonear a Soziedad Alkohólika nas festas da Peregrina, unha xira recorrendo a península e tocar no Pre-Resurrection Fest. Con “Confessions” foron nominados a 5 categorías dos “Premios Pontevedra Ferve”; gañando os premios a “Mellor banda de metal” e “Mellor directo”.
En 2016 sacan o seu segundo disco “Architects of Misfortune”, grazas a unha campaña de crowdfunding con actividades pola cidade de Pontevedra, onde se incluiu un dos primeiros videoclips en 360º e VR que existiron. Con este disco volven a tocar compartindo escenarios con bandas como Hamlet, Aphonnic, Skunk DF, Somas Cure, Brothers Till We Die… até que poñeron o broche final á súa carreira actuando no Resurrection Fest 2018 xusto antes de disolverse para centrarse en outros proxectos musicais e personais.
3 thoughts on “Vörtex e o seu metal, segundo semifinalista do IEOMGDHDP”