A Concellaría de Normalización Lingüística convida a bandas pontevedresas a musicar poemas de Xela Arias para participar no concurso, que repartirá preto de 2.000 euros en premios.
Poderán participar bandas e músicos e músicas de calquera estilo musical e os temas deberán enviarse antes do 7 de maio. ⬇️Tes as bases ao final da páxina ⬇️
Este certame quere facer unha homenaxe á poeta, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2021, e tamén incentivar a creación musical en lingua galega na escena musical pontevedresa.
No concurso, denominado ‘X Xela’, poderán participar tanto músicos e músicas como bandas de calquera xénero ou estilo musical de Pontevedra ou que acrediten ter un compoñente de Pontevedra. As bandas participantes deben musicar, con composicións orixinais, un poema de Xela Arias, admitíndose como única lingua de interpretación oa lingua galega.
Para inscribirse, os grupos participantes deberán remitir o tema composto en formato audio (MP3, MP4) xunto cos datos da banda, nome e compoñentes, os datos de contacto e fotocopia do DNI ou volante de empadroamento que certifique a residencia, de polo menos un dos compoñentes, en Pontevedra ao correo alingualatexa@gmail.com. O prazo de presentación remata o día 7 de maio de 2021
De entre todos os temas recibidos, un xurado composto por profesionais do sector cultural seleccionará os grupos finalistas e finalmente establecerá tres gañadores cos seguintes premios: 1.000 euros para o 1º premio; 500 euros para o 2º premio; e 250 euros para o 3º premio.
O Concello organizará un acto público multidisciplinar o Día das Letras Galegas, que estará presentado polas regueifeiras Alba María e Lupe Balanco, e no que entregará os premios e as bandas gañadoras interpretarán as súas composición